Sthela Táboas 27/09/2022

En total son 840 prazas, as entradas para as visitas do público familiar e as do público adulto que a Administración provincial dispón dende hoxe na web da fortaleza

Despois do éxito da súa estrea no pasado 2021, a Deputación de Pontevedra volve ofrecer por Samaín as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, uns percorridos cargados de misterio e humor para coñecer o lado máis terrorífico e divertido da historia da fortaleza que ofrecen un total de 840 prazas. As entradas para estas visitas, que inclúen 20 sesións para público familiar e 8 para público adulto, estarán dispoñibles a partir deste martes 27 de setembro na web www.castelodesoutomaior.com ao prezo de 8 €.

Os percorridos, dunha hora de duración, arrancarán o día 1 de outubro coas primeiras visitas teatralizadas para público familiar. Nestas sesións, a participación das familias será esencial para descifrar os enigmas do Castelo e coñecer dunha maneira amena e terrorífica o pasado de Soutomaior. Terán como protagonistas aos científicos Von Furenberg e Irina Calselberg, xunto ás autómatas Brunilda Kartoffel e Vettel Zanfonike, nunha delirante historia ambientada no principio do século XX e cunha estética steampunk. Despois desa xornada, as sesións desenvolveranse tras os días 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro, coa posibilidade de elixir dous horarios por xornada, ás 12 e as 16.30 h.

No caso das visitas teatralizadas dirixidas ao público adulto, comezan o 7 de outubro, e estenderanse ata o día 29 do vindeiro mes. No percorrido, os e as participantes poderán coñecer a historia do Castelo dunha forma “terroríficamente diferente”, acompañados de dous peculiares guías, Félix e Angustias, que iniciarán unha visita normal para amosar a historia do Castelo, aínda que acabará sendo diferente. Ao longo do percorrido, espéranlles sucesos paranormais sen solución e, para poder saír da fortaleza, necesitarán pasar unha serie de probas non aptas para xente con medo. No caso destas visitas para público adulto, despois do día 7 haberá sesións o 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro, e terán lugar ás 19.30 h.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad