Sthela Táboas 27/09/2022

A boa planificación das obras fixo que o Caselas F.C. puidera disputar o seu primeiro partido na casa

O concello de Salceda rematou as obras de mellora do muro lateral leste do campo de A Gándara, unha obra moi necesaria para asegurar o perímetro exterior do campo en relación ao camiño que discorre paralelo ao campo polo que transitan habitualmente pións e vehículos.

Ao remate das obras asistiron a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, xunto ao concelleiro de Deportes, Rubén González; o xerente da empresa que realizou as actuacións de mellora e o presidente do Caselas F.C., José Carlos Pena Iglesias.

Ademais desta actuación leváronse a cabo outras como a habilitación de marcos, para a colocación de publicidade e a mellora no acceso aos vestiarios e no cuarto de almacén  de mantemento.

A planificación das obras tivo en conta o desenvolvemento da tempada deportiva, xa que estiveron listas para que o Caselas F.C., equipo con 55 anos de historia, que milita no grupo 5 da Primeira Galega, disputara o seu primeiro partido na casa asegurando así o normal transcurso da competición.

O concelleiro de Deportes, Rubén González, explicou que “esta actuación sobre o muro este era moi necesaria para comezar a tempada, porque estaba moi deteriorado, realizando unha intervención estrutural nas instalacións do campo da Gándara, fundamental para a súa conservación e mantemento”.

Pola súa banda, a alcaldesa Verónica Tourón, subliñou que dende o goberno municipal  “seguimos a traballar na liña de atender ás necesidades fundamentais de conservación e mantemento que detectamos no conxunto das instalacións deportivas municipais, e esta mellora era unha das mais urxentes para o Concello e das mais demandadas pola comunidade deportiva de Salceda”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad