Sthela Táboas 26/09/2022

Dos animais atopados 6 foron abandonados nunha caixa ante o Pavillón de Ponte Caldelas, mentres que os outros 9 foron recollidos xunto coa súa nai en Dena; outras 2 cadelas que foran arroxadas desde unha ponte en Crecente e que sufriran graves lesións, recuperáronse no centro e están listas para saír en adopción

O abandono animal segue a mostrar a súa cara máis amargaaínda que con final feliz. En dous días seguidos desta semana, o Centro de Acollida de Protección de Animais –CAAN- da Deputación recolleu quince cachorros, seis deles abandonados nunha caixa, que se están a recuperar agora de xeito satisfactorio nas instalacións provinciais da Armenteira (Meis).

Os cachorros son cinco femias (Nela, Baca, Crisal, Vera e Terra) e un macho (Watson) que o persoal do centro provincial rescatou abandonados a súa sorte nunha caixa diante do Pavillón de Ponte Caldelas, tras recibir aviso da Policía Local deste concello.

Teñen aproximadamente un mes de idade e están a recibir os coidados necesarios no CAAN, aínda que en principio atópanse en bo estado de saúde. Só 24 h despois recolléronse outros 9 cachorros que contan con quince días de idade. Son 8 machos (Floro, Lou, Mío, Valdo, Pazo, Bico, Cobo e Sil) e unha femia (Lis) e están a ser aleitados pola súa nai, Quina, que puido tamén ser recuperada xunto aos animais nunha silveira en Dena (Meaño). Afortunadamente tod@s están tamén en bo estado.

Os quince cachorros estarán no CAAN ata completar a súa recuperación e, se todo vai ben, poderán saír en adopción nuns meses tras completar o cadro de vacinación, como é o caso de Panchi e Chachi, dúas cadelas que buscan xa un fogar despois de tratarse no centro das graves lesións que presentaran á súa chegada, froito do maltrato e abandono.

Ambas foran arroxadas o 5 de agosto, con só cinco semanas de idade, desde unha ponte do río Mandelos, en Crecente. Cando as recolleron presentaban, a primeira, unha torcedura nunha pata e, a segunda, unha fractura de tibia e desprazamento de peroné. Foron tratadas e recuperáronse no CAAN atopándose xa listas para saír en adopción.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad