Sthela Táboas 26/09/2022

As obras do primeiro tramo, que saíran xa a licitación, serán financiadas de xeito íntegro pola institución provincial, que aportará case medio millón de euros para facer realidade unha demanda histórica da veciñanza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra volve a poñer o foco nas e nos peóns que transitan polas estradas provinciais coa aprobación do expediente de contratación das obras de mellora da seguridade viaria e peonil en 580 m do primeiro tramo da EP-2601 Mos-Puxeiros. As actuacións, que sairán agora a licitación, teñen un custo de 446.545 € financiadas nun 70% pola Deputación e nun 30% por Mos a través do Plan Concellos, polo que a institución provincial se fai cargo da totalidade do orzamento. Con elas séguese o modelo de mobilidade amable, sostible e segura promovido pola Deputación.

Este primeiro tramo discorre pola parroquia de Santa Eulalia e coincide coa afección do Camiño de Santiago polo que a zona ten unha forte presión peonil que fai necesaria a actuación e que se ve incrementada co acceso ao paseo fluvial e ao parque infantil, á igrexa de Santa Eulalia, á entrada ao albergue para as persoas que peregrinan e ao aparcamento e parque do Pazo de Mos. Por este motivo, as obras reforzarán a prioridade de paso para as e os viandantes coa execución dunha senda de 2,5 m de ancho mínimo, desde a intersección do Camiño de Santiago e na maior parte da estrada.

A sección da calzada estará constituída por dous carrís -un por sentido- cun ancho mínimo de 3 m e beiravía na marxe esquerda, e as obras contemplan tamén a ordenación dos espazos e a renovación do pavimento. A circulación rodada suavizarase coa colocación tres pasos de peóns sobreelevados. A mellora completarase coa instalación de mobiliario como bancos e varanda, así como coa renovación da iluminación mediante o soterrado da liña e da instalación de novos puntos de luz con lámpadas LED -máis respectuosas co medio ambiente- para mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, renovarase a recollida de pluviais.

Estas obras completaranse coa execución de actuacións noutros tres tramos nas parroquias de Dornelas, Torroso e Tameiga que xunto cos traballos realizados en Santa Eulalia, suman 5.665 m  de estrada provincial nos que a Deputación transformará o espazo devolvéndolle a prioridade ás e aos peóns.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad