Sthela Táboas 09/09/2022

Dende o 3 de outubro ata o 14 de novembro o Multiusos de Torneiros acollerá formación en Competencias Dixitais, onde ao remate, as alumnas recibirán un ordenador portátil co que poñer en práctica os coñecementos adquiridos

Co obxectivo de mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situación de desemprego, ou que simplemente queren mellorar a súa capacidade de empregabilidade ou de impulsar o emprendemento, o Concello do Porriño formalizou a súa colaboración co programa de formación “Galegas Dixitais”.

Impulsada pola Xunta de Galicia e financiada polos Fondos Europeos Next Generation EU  e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, esta actividade formativa de Competencias Dixitais é totalmente gratuíta, de 40 h de duración cada bloque: básicas, avanzadas e emprendemento.

Co fin de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, xunto co material didáctico, as participantes recibiránun ordenador portátil para poder traballar nos coñecementos adquidiros.

O horario lectivo será de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h, no Multiusos de Torneiros, dende o 3 de outubro ata o 14 de novembro.   Para máis información pode contactar chamando 986 338 217, ou por whatsapp no 604 039 575.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad