Sthela Táboas 09/09/2022

A previsión é de que os traballos de renovación, iniciados a finais de agosto e cun orzamento de preto de 200.000 €,  estén rematados en setembro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co concelleiro de Deportes, José Areal; o coordinador de Deportes en funcións, Nacho Carballido; o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, e demais membros da directiva da UD Mos, visitaron onte a mañá a obra de renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal das Baloutas, da Unión Deportiva Mos; iniciado a finais de agosto e con previsión de remate a finais do presente mes de setembro, dependendo da meteoroloxía.

Para financiar o custe desta mellora, preto dos 200.000 €, asinouse un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, para a mellora das infraestruturas deportivas municipais. Neste sentido é de interese da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a colaboración coas administraciónslocais para o fomento do deporte no ámbito municipal, xa que as actuacións que se pretenden desenvolver teñen como finalidade a mellora dunha infraestrutura deportiva de uso público.

O campo de fútbol de As Baloutas, é unha instalación municipal referente en canto a volume de utilización por parte da veciñanza. A actuación a acometer é a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas. A tal fin a técnico competente, elaborou un proxecto técnico cun orzamento de 188.793,93 €.

A Secretaría Xeral para o Deporte participa neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base,sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cosconcellos para afrontar obras que beneficien aoconxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. A Xunta de Galicia presta así un apoio especialmente necesario neste caso.

O céspede actual foi colocdo no ano 2008, sendo As Baloutas un campo de fútbol polo que pasan en tempada entre 500 e 600 deportistas á semana, máis 1.500 persoas (entre público, pais/nais, familias… etc.) á semana. O proxecto técnico do Concello de Mos para a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas, é autoría da técnico municipal enxeñeira industrial Raquel González Gómez.

Como se dixo, o importe total das actuacións a realizar ao abeiro do convenio entre Xunta e Concello ascende á cantidade de 188.793,93 €, IVE incluido, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte, achega 100.000 €. O Concello de Mos achega 88.793,93 €.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad