Sthela Táboas 05/09/2022

Tod@ aquel que queira participar no concurso de interpretación musical poderá formalizar a súa inscrición ata o 12 de setembro

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura dirixida por Bienvenido Estévez, amplía o prazo –ata o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h- para inscribirse no concurso musical “Tes Talento?”, que se celebrará este mes de setembro e incluido na programación das Festas do Cristo 2022.

Haberá dúas modalidades, infantil e adultos, nas cales poden presentarse tanto en individual coma en grupos -ata un máximo de catro compoñentes-. Para todas as actuacións, o tempo de actuación non excederá dos 3 minutos.

Os premios para a categoría de adultos son 400 € máis a gravación dun tema ou vídeo promocional, para o  gañador, 250 € para o segundo e 150 € para o terceiro. Os tres finalistas infantís, faráselles entrega dun lote de produtos escolares e un trofeo.

Érika Lewis, gañadora da edición do 2016

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad