Sthela Táboas 26/08/2022

O local hostaleiro porriñés celebra entre hoxe e mañán varios actos de celebración, que xunto á súa tapa centeneraria conmemoran o seu aniversario

Nada máis e nada menos que cen anos cumpre o restaurante e cafetería La Cueva, que dende o ano 1922 abría as súas portas como establecemento de comidas e bebidas nun inmoble con moita historia,  pois anteriormente a edificación –de orixe no século XVI- acollía un hospital de peregrinos coñecido como Hospital Madre de Dios.

Tan só dous anos despois da apertura de La Cueva, no 1924, concluía a construción do edificio do Concello do Porriño da man do arquitecto Antonio Palacios, converténdose o establecemento e a Casa Consistorial en fieis espectadoras no paso do tempo, do crecemento da vila porriñesa.  

A familia hostaleira de La Cueva conta xa con catro xeracións sucededidas ininterrompidamente na súa xestión, compartindo a súa historia e tradición gastronómica, sempre no ámbito da excelencia culinaria.

Con motivo deste centenario, dende este mes de agosto e ata finais de ano ofrécese a marabillosa ‘tapa centenaria’  -de polbo con cachelos cunha base de queixo San Simón afumado-, que se acompaña de actuacións culturais este venres e sábado.

Deste xeito, hoxe venres ás 22.00 h terá lugar un recital poético/musical Pompa e Boato & Fernán Permuy un recital onde a palabra toma corpo na voz do poeta Samuel Merino, cunha proposta escénica con versos que bailan a ritmo da bossa, jazz e surf sobre a instrumentación musical de Permuy. Estarán acompañados dun espectáculo de videoproxección. de Juanma LoDo, un artista audiovisual multidisciplinar que colabora en eventos como o Festival de Cans, O Marisquiño ou o Festival Sinsal na illa de San Simón.

O sábado a partir das 19.00 h na rúa Ramón González, diante de La Cueva actuarán SkaraJazz Quartet, The Turre’s Band e varios Dj’s no que será o peche destas xornadas festivas. A gastronomía será ofrecida por varios postos, onde haberá porco ao espeto, polbo á feira e filloas, cunha espectacular posta en escena de Cociña Show.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad