Sthela Táboas 18/06/2022

A matrícula para as ensinanzas elementais está xa completa, aínda que quedan prazas na Escola de Música que se reestrutura por completo

Dende o vindeiro curso escolar 2022/23, o Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá o Grao Elemental, logo de que o pasado martes, 14 de xuño, se publicase no DOGA a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Deste xeito o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba. As prazas ofertadas en grao elemental están xa completas.

Tanto o equipo directivo do Conservatorio coma o equipo de goberno do Concello de Tui levaban máis de dous anos realizando a tramitación e as ordenanzas precisas para  aposta en marcha deste novo grao, que se suma ao grao Medio, con que xa contaba o centro. Este paso dado suporá unha extraordinaria mellora na calidade e recoñecemento dos estudos musicais realizados no CMUS de Tui.

A incorporación do Grao Elemental é moi festexada por toda a comunidade educativa do centro. Suporá a posibilidade de cursar cada curso oficial do Grao Elemental ao mesmo prezo que na Escola de Música actual, 436.70 euros/curso (36 euros ao mes), e obter así unha certificación oficial válida a todos os efectos a nivel nacional.

A Escola de Música existente, que realizaba a función de Grao Elemental, reestruturarase por completo para ofrecer unha alternativa real e diferenciada que satisfaga as inquedanzas e gustos de todo o alumnado que non desexe cursar unha ensinanza regrada.

Amais a implantación do Grao Elemental e a modificación das dúas ordenanzas municipais que regulan este servizo conleva unha serie de melloras. Por unha banda suporá o acceso gratuíto a unha materia optativa a maiores das do currículo: bigband infantil, coro infantil e orquestra infantil este primeiro ano. A partir dos seguintes cursos ofertáranse materias de grupo e combos de música pop, jazz, folk, rock…ademais de outras de interese. Tamén a preparación ao acceso a Grao Profesional para todos os cursos e niveis, así coma novos descontos por dobre matrícula: conservatorio-conservatorio, conservatorio-escola e escola-escola, e a posibilidade de fraccionar o pago da taxa en 3 veces.

As prazas que oferta o Conservatorio de Tui para o Grao Elemental para o curso 2022/23 están xa completas pero aínda e posible matricularse na Escola de Música do centro para preparar o acceso ao Grao Elemental para o curso seguinte.

Coa implantación do Grao Elemental e reestruturación da Escola de Música, o Conservatorio Profesional de Música de Tui ten por obxectivo modernizarse para poder satisfacer todas as inquedanzas e necesidades actuais de todas as persoas de Tui e arredores que desexen aprender e disfrutar da música.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad