Sthela Táboas 16/06/2022

O goberno de Nidia Arévalo incluíu no último recoñecemento extraxudicial de crédito facturas por importe de 22.000 € para pagar catro carteis luminosos

Ese diñeiro “estaría mellor investido nos servizos sociais ou en dar apoio á cultura e o deporte” indica Gustavo Barcia

No último pleno do Concello de Mos, o goberno do PP aprobou un novo recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte a facturas atrasadas por un importe de máis 150.000 €. Neste montante incluíase o pago dos 22.000 € que custaron os letreiros de ‘Somos Mos’ instalados en San Cosme, Os Valos, Santiaguiño e Peinador, a pesar de que este último xa desapareceu, ao parecer, por mor dun camión. A esta cantidade habería que engadir os 6.000 € que custaron as letras instaladas hai algún tempo na rotonda de Puxeiros, un gasto que o portavoz do BNG, Gustavo Barcia, cualificou como “prescindible” ao entender que “non responde ás necesidades da veciñanza”.

O concelleiro nacionalista denuncia, ademais, que a contratación dos letreiros luminosos non se axustou aos procedementos administrativos, xa que a Lei establece que os subministros de máis de 18.000 € non poden considerarse, en ningún caso, contratos menores e deben tramitarse a través de licitación. Gustavo Barcia indica que “esta é unha tónica habitual do PP de Nidia Arévalo, a de realizar gastos desmesurados sen control nin xustificación”.

No debate plenario, a alcaldesa explicou que foi a propia veciñanza a que reclamou os carteis de ‘Somos Mos’ nos accesos ao termo municipal, unha explicación que Gustavo Barcia considera “ridícula”. Na súa opinión, “isto demostra o afastado que está o PP dos problemas reais da xente, xa que os veciñ@s de Mos non necesitan un cartel que lles diga onde viven”.

O concelleiro nacionalista lamenta “a nefasta xestión económica” do goberno municipal e considera que eses 22.000 € “poderían destinarse a outras partidas que serían de moita máis utilidade para a veciñanza”. Lembra que o BNG foi o único partido que presentou emendas aos orzamentos do Concello e que todas foron rexeitadas polo PP, pero considera que “algunas desas propostas poderían financiarse perfectamente con ese diñeiro”. Pon como exemplo a ampliación dos horarios do Centro de Información á Muller ou do Punto Limpo, o aumento das actividades con escolares ou o incremento das axudas ao tecido asociativo. Na súa opinión, “para un goberno obsesionado coas redes sociais, estas cousas parece que non dan para moitas fotos, por iso prefiren malgastar o diñeiro público en carteis luminosos”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad