Sthela Táboas 16/06/2022

As axudas da Deputación, destinadas a melloras en equipamentos e infraestruturas viarias, beneficiarán aos municipios da Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui

O Goberno da Deputación dará luz verde este venres a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui, e que están destinadas a melloras nos equipamentos públicos e as infraestruturas viarias para garantir a seguridade e a mobilidade, cunha aposta moi clara, como destacou a presidenta Carmela Silva, “por seguir o modelo sostible e seguro da Deputación, que favorece a toda a cidadanía, pero particularmente ás crianzas, mai0res e ás persoas con dificultades de mobilidade”.

No caso de Tui, o concello do Baixo Miño recibirá 322.828 € para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais, con obras de mellora construtiva e de equipamento. Os traballos abranguen a mellora de todas as instalacións, desde a urbanización exterior, ata as instalacións de depuración.

Soutomaiorrecibirá unha achega de 286.208 € para a humanización dun tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade, entre a Rúa Lameiriñas a a Praza de Cimadevila. A este respecto, Carmela Silva, subliñou que os recursos da Deputación, tanto a través do Plan Concellos como da área de Infraestruturas, están a conseguir un Camiño seguro, “favorecendo que todas as persoas que o fagan, tanto ás da provincia como de fóra, poidan desfrutar dunha mobilidade segura”.De acordo ao proxecto, crearase na zona de actuación un espazo de preferencia peonil, amais de procurar a mellora da seguridade viaria, da mobilidade, sustentabilidade e habitabilidade.

O concello da Guardarecibirá 248.069 € para a creación dun Camiño Escolar Seguro para o CEIP Manuel Rodríguez Sinde. O camiño abranguerá 730 m, a través das rúas Brasilino Álvarez Sobrino; Enrique María Sesto; a Estrada de Circunvalación; Tui e Ourense, e incluirá melloras nos pasos peonís, a urbanización na Rúa Tui que dá acceso directo ao centro escolar e disporase a sinalización vertical e horizontal. Así mesmo, reducirase o límite  de velocidade a 30km/h en todo o percorrido.

O Rosalrecibirá 159.174 €, cos que poderá costear a súa aportación (20%)  ao convenio para a segunda fase da mellora da mobilidade peonil na EP3303 Tabagón-Goián, unha actuación que unha vez completadas as súas tres fases deixará unidos a través dunha senda aos concellos do Rosal e Tomiño. A primeira fase da obra está a piques  de rematar e, nesta segunda que se aborda a partir de agora, a Deputación asumirá polo tanto, o coste total da obra, 795.872 €. É un tramo de 1,8 km que contará cunha zona de convivencia sobreelevada, prioridade peonil e sendas peonís de formigón e ancho mínimo de 2,5 m. Renovarase así mesmo a capa de rodaxe en todo o traxecto, executarase a nova rede soterrada de pluviais, cunetas transitables e prevese a execución da rede soterrada de alumeado.

Por último, Ponteareasterá unha achega de 118.141 € para a mellora de dous tramos de viarios municipais que transcorren polo parque forestal da Picaraña. Os traballos inclúen a limpeza das marxes e apertura de cunetas nos 2,3 km que suman estes viarios, así como a pavimentación dos 10.527 m2 de superficie que representan.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad