Sthela Táboas 14/02/2022

O novo espectáculo de A Panadaría subrirá ao escenario a Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

O Teatro Municipal de Tui acolle o vindeiro venres, 18 de febrero, ás 21.00 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”, o novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.

Sobre o escenario estarán Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que non só son as actrices deste espectáculo, senón tamén as autoras e directoras desta peza teatral. Canda elas está un equipo técnico formado integramente por muller.

Continuando coa súa liña de traballo, A Panadaría aborda nesta obra a loita social das limpadoras de pisos reclamando os seus dereitos, pero falan tamén “das mulleres abocadas aos traballos de limpeza e dos coidados, e coma estes traballos, normalmente son traballos precarizados” tal e coma explicaban hai un par de semanas na presentación do espectáculo en Tui. Pero en “As que limpan” reflexiónase tamén sobre o modelo de turismo de masas e as súas consecuencias. Nesta obra, A Panadaría conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional.

As entradas para a representación en Tui están á venda dende este mediodía, en www.tui.gal aos prezos de 10 € e 8 €.

Tras a estrea este venres en Tui “As que limpan” continuará en xira por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrearán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad