As orquestras do Conservatorio de Tui e da Academia da Fortaleza de Valença ofrecerán ás 20.00 h un concerto no Teatro Municipal
As orquestras dos dous centros de ensinanza musical da Eurocidade Tui-Valença, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui, e a da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecen esta tarde ás 20 h no Teatro Municipal de Tui, o concerto de clausura da conmemoración do décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença.
Precisamente estes dous centros, o Conservatorio de Tui e a Academia de Música da Fortaleza de Valença, reflicten no seu alumnado esas relacións a unha e outra beira do Miño xa que contan tanto con alumnos e alumnas galegos e portugueses.
No concerto que mañá ofrecerá no Teatro tudense demostrarán coma a música non ten fronteiras e tende pontes entre as dúas cidades.
O concerto comezará da man da Orquestra da Academia de Música da Fortaleza de Valença interpretando “Quebranoces” de Igor Tchaikovsky.
A continuación actuará a orquestra da Eurocidade, integrada por alumnado e ambos centros, con “Este linho é mourisco” un tema tradicional portugués con arranxos para orquestra de Bernardo Lima, e “Alborada Galega”, composición tradicional galega para gaita e orquestra.
Seguirá a Orquestra do Conservatorio e da Escola de Música de Tui con “Suite cubalicia” de Eduardo Coma. O concerto pecharase coa interpretación do Himno de Europa de Beethoven con arranxos de Richard Meyer por parte da Orquestra da Eurocidade.
Reserva as entradas, de forma gratuita, en www.tui.gal.