Sthela Táboas 12/02/2022

O grupo formado por Antía, Tamara, Anabel e Law actuará o vindeiro 5 de marzo ás 21.30 h no auditorio de Centro Dotacional de Torroso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañou ás catro componentes de Girl’s Gang na nova pista de skate de San Rafael, Pereiras, na presentación do cartel do seu concerto debut que terá lugar como antesala do 8M, Día Internacional da Muller, o sábado 5 de marzo ás 21.30 h no auditorio do Centro Dotacional de Torroso (apertura de portas ás 21.00 h).

A entrada será gratuíta e as persoas interesadas en asistir poderán facerse coas súas localidades (máximo de 4 por persoa) a través de https://www.woutick.es/evento/22448/entradas-girls-gang desde o domingo 13 de febrero ás 12.00 h.

As Girl’s Gang decláranse “un grupo feminino e feminista, cun show co que queremos deixar abraiado ao público, un show cheo de baile, música, harmonías, iluminación… Prometemos traer una proposta diferente e revivir a esencia das primeiras girl bands dos anos das décadas dos 90 e os 2000 do século pasado”, aseguran.

Ademais, auguran “un 2022 cheo de novos proxectos, non só polo seu estreo en Mos –localidade natal de dúas de nós-, senón porque este ano imos sacar música propia, que aunará influencias do K-pop con ritmos urbanos e latinos. Os temas estarán escritos en castelán e aportarán una mensaxe de empoderamento feminino e superación persoal”.

As mozas de Girl’sGang abrirán próximamente un crowdfunding, unha plataforma online onde quen queira poderá facer aportacións para apoiar a financiación do seu primeiro EP de tres cancións. Darán todos os detalles ao respecto a través das súas redes sociais (@girlsgang.music).

As Girl’sGang non son descoñecidas para o público mosense, xa que actuaron na programación do arco de meta en Herville da Etapa 20 de La Vuelta 21, previa á chegada dos ciclistas, nos actos municipais organizados polo Concello de Mos con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, etc.

Foi en maio de 2021 cando as Girl’s Gang presentábanse oficialmente no Concello. Elas son as mosenses de San Rafael, parroquia de Pereiras, Antía Caride Otero e Tamara Casal Barbeito; e as viguesas Anabel Abalde Campos e Laura Martínez Puga (Law). Un grupo musical nacido en 2020, en pleno confinamento pola pandemia da COVID-19.

Foi en plena pandemia cando Law lle escribiu a Antía a través dunha rede social para propoñerlle unha colaboración artística da que naceu o que hoxe é Girl’s Gang. Tras meses de chamadas telefónicas e videoconferencias, por fin comezaron a ensaiar xuntas presencialmente en xullo de 2020.

O seu peculiar concepto musical, que aúna voz e baile con elaboradas coreografías, fainas orixinais e singulares, pero o que aínda as faimáis únicas é o seu proxecto 100% feminino, xa que tanto os temas que interpretan, que son de temática totalmente femenina sobre aspectos relacionados coa muller en todas as súas facetas, familiar, sentimental, profesional, reivindicativa…; como o feito de que ademáis elas, as 4 mulleres, encárganse de toda a producción que require o grupo no que cantan e bailan, as empodera no seu rol feminino.

Antía Caride asume no grupo o papel de coreógrafa e responsable de imaxe (estilismos e deseño) xa que domina estas disciplinas a nivel profesional, ao ser profesora de baile e estilista profesional para outros cantantes e proxectos de moda; ademáis de ser tamén cantante noutro dúo musical.

Tamara Casal Barbeito, esteticista profesional que traballa nun centro de estética, así como de cantante nun coro, encárgase do deseño e execución das maquillaxes do grupo.

Anabel Abalde Campos é, xunto con Antía, a outra coreógrafa do grupo; xa que profesionalmente ten una escola de danza e traballa tamén como profesora de baile noutros centros.

Por último Law, profesora de canto, modelo e guionista profesional, asume en Girl´s Gang a responsabilidade das armonías vocais. Por suposto as 4 cantan e bailan en todos os seus temas.

“Un verdadeiro exemplo de mulleres, mozas, emprendoras e autosuficientes, nunha industria, como outras, na que soe prevalecer a supremacía masculina, pero na que decidiron abrise paso quizais no peor momento posible pola crise sanitaria, algo que non as freou e que demostra, así mesmo, que son unas valentes e un gran exemplo para a mocidade mosense”, declarou Arévalo, rexedora local mosense.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad