Sthela Táboas 12/02/2022

Música, teatro, animación á lectura e conferencias inclúense nesta oferta cultural dirixida tanto ao público adulto como infantil

A concellería de Cultura do Concello do Porriño, dirixida por Bienvenido Estévez, presentou onte a programación cultural para este trimestre. “A programación base que hoxe presentamos completarase coas específicas deseñadas para celebrar o Entroido e conmemorar o Día Internacional da Muller e o Día de Rosalía de Castro, que se farán públicas nos próximos días”, indicou Bienvenido Estévez este xoves.   

Coincidindo co Día de Rosalía de Castro, a pianista Andrea García González ofrecerá un concerto no Círculo Recreativo Cultural. O domingo 20 de marzo, actuará na praza Arquitecto Antonio Palacios, o músico de jazz Rafa Fernández; e a música continuará con pasarrúas a cargo dos grupos folk Carapaus, Fondaos do Pífaro e da Asociación Cultural de Mosende. Para celebrar o día de San Valentín, a reputada Tuna da Facultade de Dereito, de Santiago de Compostela, percorrerá as rúas e prazas do Porriño .

O teatro tamén terá un especial protagonismo este trimestre. A compañía Animar-T representará a súa obra musical “De cando un paxariño espertábame tódalas mañás no confinamento”, para conmemorar o Día Internacional do Teatro; coas propostas dos locais Atrezo Teatro, “Que familia!” e “Pequeatrezos”; e coa obra “A nena que se comía todos os contos”, de Trémola Teatro.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, declarou “a cultura será un dos nosos eixos esenciais, queremos que O Porriño sexa un referente cultural. Queremos que as manifestacións culturais aneguen a nosa vila, sacalas á rúa; e traballamos para que, nos vindeiros meses, cada fin de semana actúen no Porriño agrupacións e artistas locais, ademais dos grupos das nosas asociacións culturais e veciñais”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad