Sthela Táboas 12/02/2022

A directiva do clube de fútbol conta xa cunha oficina, un almacén para enseres de mantemento do campo e un aseo, así como o acondicionamento no interior da cantina

O goberno de Covelo realizou obras de mellora nas instalacións do campo de fútbol municipal e da cantina por valor de 34.999,99 €. As obras foron financiadas co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e permitiron a instalación de tres módulos prefabricados para uso da directiva e do persoal de mantemento do campo, así como o acondicionamento da cantina do campo de fútbol, sita no Campo da Feira.

Por un lado o Concello procedeu á construción dun edificio de servizos composto por tres módulos prefabricados para suplir a carencia dun espazo de reunións para a directiva que agora poderá contar cunha oficina, un almacén para enseres de mantemento do campo e un aseo. Esta infraestrutura de preto de 40 m2 ubícase nunha parcela municipal anexa ao terreo de xogo que xa contaba con saneamento, abastecemento de auga e rego, rede de electricidade e alumeamento público.

Desta forma, obtéñense edificios modulares cun alto nivel de confort, grazas aos seus niveis de illamento, e totalmente desmontables e trasladables. Este novo edificio conta con conexión á rede eléctrica, conexión á rede de abastecemento de auga e tamén á rede de saneamento.

Por outra banda, o Concello acometeu obras de acondicinoamento do interior da cantina do campo de fútbol que da uso e servizo ao público xeral tanto os días de partido como o día da Festa do Churrasco no día de Santiago Apóstolo. As obras permitiron a instalación dun falso teito desmontable, o pintado de todo o interior e a substitución das luminarias existentes por oito luminarias de tipo panel LED.

O alcalde, Pablo Castillo, explica que “esta era unha demanda tanto d@s usuarias do campo de fútbol como da directiva do clube que dende agora, contará cun espazo cómodo e propio no que desenvolver pequenas reunións, gardar arquivos ou almacenar repostos derivados desta actividade deportiva”.

A elección dos materiais, tanto da estrutura como do alumeado, perseguen o aforro enerxético e unha diminución das emisións de CO2; dando un paso máis na consecución dos ODS e das directrices do Pacto das Alcaldías (PACES).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad