Sthela Táboas 10/02/2022

Nesta petición recóllense o fraccionamento das liquidacións do IBI e que non se cobren xuros de demora das cotas atrasadas

O Concello do Porriño vén de solicitar á Deputación de Pontevedra o aprazamento e fracccionamento do pago das cotas do IBI, resultado da revisión da valoración catastral iniciada no ano 2021; para tentar reducir o impacto desta medida na economía da veciñanza.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que “este procedemento ten unha inicidencia considerable no Porriño, afectando ao redor de 14 mil parcelas. Tendo en conta que ten carácter retroactivo, con efectos tributarios dende xaneiro de 2016, supoñerá unha considerable presión fiscal sobre os contribuíntes porriñeses. Isto é algo que xa advertimos no seu momento, facer pagar aos cidadáns o correspondente aos últimos 4 anos sin negociar dende o Concello un fraccionamento ou alternativa era inadmisible”.

O 15 de abril do pasado ano, entón como concelleiro da oposición, Alejandro Lorenzo declaraba “estamos aínda en prazo para paralizar este catastrazo”, reclamando “que se convoque con urxencia aos voceiros locais para facer protesta conxunta e solicitar unha reunión en Catastro”. Preguntaba entón Lorenzo ao Goberno local neses intres (PSOE) “que pasos deu e que está facendo para defender desde xa aos veciños e veciñas do Porriño, porque non se entende que desde que se publicou o anuncio o 6 de abril, a alcaldesa non advertise desta situación tan grave”

O pasado 9 de abril, a entón alcaldesa do Porriño García de la Torre (D.E.P.) aclaraba que sí es partidaria de aplicar un porcentaje corrector a los valores catastrales de las edificaciones de O Porriño, que no se actualizan desde 1985, hace ya 32 años, en especial a las naves de muchas de las empresas de los polígonos industriales. Fue ella misma quien lo expuso en un Pleno de la Corporación, informando a todos los grupos políticos del Ayuntamiento y a los vecinos. E subliñaba “que las porriñesas y porriñeses no olvidan que todos los concejales del Partido Popular votaron en contra -en un Pleno del Ayuntamiento- de que 1.300.000 € de los vecinos, se destinaran a inversiones en O Porriño y prefirieron que ese dinero siguiera en poder del banco, antes de ser destinado a obras e inversiones muy necesarias en nuestra villa”.

Agora, o Concello do Porriño para facilitar a xestión das liquidacións e dar maiores facilidades de pagamento aos  afectados, solicitou ao ente provincial que “se emitan as liquidacións de xeito gradual e que, na medida do posible, non se liquide máis dun exercicio pechado en cada anualidade. É dicir, que se fraccione o pago de oficio e que non se acumulen máis de dous recibos do IBI coas novas valoracións”.

Ademais, pediuse que se incrementen os prazos das fraccións e meses de aprazamento e que non se cobren os xuros de demora. “Neste momento, tras dous anos de pandemia, a situación económica para moitas familias non é doada e dende o Concello faremos todo que estea na nosa man para minimizar a carga fiscal e adaptala a esta realidade”, remataba o alcalde porriñés.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad