Sthela Táboas 10/02/2022

Isidro Castro é o presidente deste clube que tratará de armonizar entre as persoas, o medio rural e o deporte co máximo respeto

O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir no Salón de Actos a presentación de ‘Airiños’, un novo clube de montaña interfronteirizo e que terá a súa sede en Salvaterra de Miño.

Este clube se presenta para fomentar a armonía entre persoas amantes da natureza e para o goce de actividades nas contornas naturais, onde o respeto ao medio natural e ás persoas que comparten estas experiencias, será o principal dos valores.

“O noso maior desexo consiste en compartir a actividade de ocio que máis nos gusta, camiñar xuntos”, comenta o seu Presidente e Guía de Montaña, Isidro Castro.

Gracias a esta iniciativa, os nosos veciños e veciñas, así como calquera persoa doutro concello que o desexe, poderán visitar espazos marabillosos situados dentro das fronteiras do noso municipio, promocionando deste xeito a enorme oferta de sendas que posúe o noso Concello ao longo do Río Miño, Tea e Mendo. Ademais, grazas ao Clube Airiños se farán saídas a outros espazos naturais situados en distintos puntos da Comunidade Galega, a nosa veciña Portugal e a outros lugares da natureza que convide unha visita.

Nos comprace tamén subliñar que este clube, tanto co seu Presidente como coa Coordinadora e Guía no medio Natural, Adilia Abreu, levarán a cabo diversos plans de actuación de actividades de solidariedade e voluntariado, por medio de convenios para grupos e asociacións de persoas con discapacidade física que psíquica.

Nas vindeiras datas, O Concello publicará algunas das actividades propostas polo Clube Airiños, para que as persoas interesadas poidan inscribirse e gozar dunha actividade chea de beneficios e saúde.

Para máis info consultar a páxina web do clube.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad