Sthela Táboas 08/02/2022

O grupo de esquerda rexeita a actuación “dun trapero sobre o que pesan acusacións de presuntos abusos” e solicita do Concello do Porriño “que se manifeste tamén de xeito oficial contra a celebración deste evento”

O grupo EU Son do Porriño explica que “A discoteca QUEEN do municipio veciño de Mos, ten programada a actuación do trapero Kaydy Cainpara este venres 11 de febreiro, despois da que ofrecerá o día 10 na sala Capitol, de Santiago de Compostela”, puntualizando “sobre o cantante pesan acusacións de presuntos abusos”.

O grupo liderado por Patricia Sío, informa de que “As súas actuacións xa foron canceladas en concellos como o do Grove no 2018, ano en que caiu da programación das festas polas críticas que viñeron, xa non só polo contido misóxino e machista das súas letras, senón tamén polos seus videoclips, pura cultura da violación e o sometemento”. Pero ademáis “no 2016 tamén se anulou a súa presenza na sala Malatesta, de Santiago”.

Aínda que neste caso “trátase da iniciativa dunha sala privada e nun concello veciño”, dende a agrupación porriñesa indican “non podemos mirar cara a outro lado porque sería calar ante a apoloxía da violencia machista, que se quere facer pasar como ‘actuación musical’ e lecer para a mocidade de toda a contorna”.

Por todo isto, dende EU Son “como forza política responsable e comprometida coa igualdade, vimos de pedir ao goberno porriñés que se manifeste tamén de xeito oficial contra a celebración deste evento”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad