Sthela Táboas 01/02/2022

Alumn@s de Porriño ARTE amosaron ao público as súas técnicas artísticas reproducindo nos seus lenzos maravillosas láminas artísticas

A pasada semana, o Concello do Porriño convidou á rúa peonil do Porriño a algúns alumn@s pintores dos vinte aos que ensina a artista local, Nuria Vilanova, a través da asociación O Porriño ARTE, entidade que conta xa con 17 anos de camiño e que imparte as súas clases no Centro Cívico, onde una vez ao ano exponen os seus traballos.

A Concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, co fin de potenciar o tecido cultural do municipio, propón a praza Arquitecto Antonio Palacios como escenario para amosar as distintas actividades que desenvolven os diferentes colectivos da vila. Para iso, dende o Concello convidarán ás asociacións veciñais e culturais do Porriño a realizar a súa actividade ao aire libre, no centro urbano.

O rexidor porriñés, Alejandro Lorenzo, explicou: “Queremos que o traballo das nosas asociacións culturais e veciñais teñan un maior protagonismo. A praza é un lugar céntrico polo que cada día pasa moita xente e que poidan admirar os traballos que fan, conseguirá atraer a máis persoas. A cultura non é excluínte e no Porriño non debe selo tampouco, a nosa intención é que a totalidade da actividade que se desenvolve nos diferentes centros culturais se coñeza e sexa accesible”.

Nuria Vilanova sinalou que a experiencia de sacar os caballetes á rúa foi “maravillosa”, pois foi unha novidade na que “puideron pintar con luz natural que é moi diferente á do estudo e non se sentiron intimidados pola xente en absoluto, ao contrario, achegouse moita xente para interesarse polo seu traballo e resultou moi gratificante. Estivemos encantados, foi unha bonita experiencia para todos”.

Bienvenido Estévez, anunciaba que serán máis as actividades que se amosarán na praza, “todas as que se desenvolven nos centros culturais  e asociacións teñen cabida. Temos unha actividade cultural moi rica e queremos crear esa sinerxia non só coa cidadanía, senón tamén entre as diferentes asociacións para poñer en valor todo o que somos e facemos no Porriño”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad