Sthela Táboas 01/02/2022

Nin sequera despois do seu pasamento pode descansar en paz xa que os ´trolls’, neste caso do colectivo negacionista, empregan a súa imaxe para tentar facer crer que o infarto que padeceu ten que ver coas dosis da vacina

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra denunciou a unha trintena de contas de Twitter por utilizar o falecemento da que foi alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para difundir propaganda antivacinas e negacionismo da pandemia. O secretario xeral provincial, David Regades, manifesta estar “consternado” pola aparición deste tipo de mensaxes e esixe  respecto por unha muller que, en coherencia coa súa vida persoal e política, foi unha activa defensora da  vacinación e de tódalas medidas para loitar contra a pandemia de covid-19.

Os tuits publicados vinculan, na súa meirande parte, a vacinación de Eva García de la Torre co seu falecemento a causa dun infarto, sen achegar ningún dato ou evidencia máis alá dos tics habituais dos perfís negacionistas. As mensaxes son semellantes ás que este colectivo troll difunde en relación cos falecementos doutras persoas con proxección pública. O hashtag #Repetintinis identifica a boa parte destas publicacións na rede social.

Un deses tuits mesmo estaba publicado en francés. O Partido Socialista na provincia e o seu secretario xeral anuncian que seguirán denunciando cantas publicacións se fagan neste senso, e invita a unha profunda reflexión social sobre a insensibilidade e crueldade gratuíta deste tipo de persoaxes, que campan ás súas anchas polas redes sociais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad