Mónica Romero 26/01/2022

No 2021 recibiu preto de 150.000 € en axudas e outros 52.000 para infraestruturas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe o Concello de Tui, acompañado do alcalde Enrique Cabeleiro, onde mantivo unha xuntanza de traballo cos principais clubs deportivos tudenses na que se trataron os temas relativos ás principais axudas e subvencións deportivas da Xunta para o exercicio 2022. Lete Lasa destacou o “excelente nivel” das 70 entidades deportivas inscritas no Rexistro e, nomeadamente, os 16 clubs asistentes á reunión: o Club Kayak Tudense, a Sociedade Deportiva Tui, o Club Remo do Miño, o Club de Remo de Tui, o Club de Piragüismo Penedo, o Club Balonmán Tui, A Quinta de Tui Futsal, o Club Bádminton Tui, o Tyde F.C., o Club Deportivo Caldelas, o Club Náutico San Telmo, o Club Patinaxe Artística Ribex, o Club Deportivo Ribadelouro, o Club Pádel 8, o Club Ximnasia e Auga e o Club Deportivo Tui Fútbol Sala.

O mandatario galego destacou a “reciprocidade da Xunta de Galicia co gran traballo que se está a facer no deporte tudense” e cifrou en preto de 150.000 euros os recibidos ao longo de 2021 polos clubs do municipio nas distintas liñas de axuda da Secretaría Xeral para o Deporte como as subvencións de actividade, contra a Covid-19, os Fondos de Consenso para a reactivación, patrocinio de eventos, equipamento, patrocinios aos equipos de alto nivel e becas DGAN. Neste sentido, Lete Lasa animou aos clubs tudenses e aos seus dirixentes para “continuar traballando neste 2022 por moitos máis éxitos deportivos para o que contades”, dixo, “co apoio incondicional do Goberno galego”. Neste sentido, o secretario xeral analizou cos clubs as principais liñas de axudas para o exercicio en curso.

Instantes antes da reunión cos clubs, Lete Lasa supervisou a instalación dun vídeo marcador no polideportivo municipal así como o equipamento concedido para instalacións municipais de piragüismo grazas aos convenios de colaboración entre ambas administracións.

No pavillón municipal compiten os clubs tudenses Club Balonmán Tui, A Quinta de Tui F.S., C.D. Tui F.S., Club Baloncesto Tui, C.P.A. Ribex de Tui, así como alberga eventos deportivos do Judo Club Tudense, do Club Deportivo DiSom Tui e de distintas federacións deportivas. Lete Lasa destacou a importancia para todos eles de contar cun “vídeo marcador de última xeración cun orzamento de máis de 25.000 euros”. Cómpre salientar que, dos 25.803,71 euros desta actuación, a Xunta de Galicia achegou o 77,5% (20.000 euros), mentres que o concello, o 22,5% restante.

O vídeo marcador deportivo LED ten un tamaño duns 10 m2, con tecnoloxía de última xeración para uso en interiores, cunha resolución pixel pitch 4,8 mm e de tecnoloxía led SMD. Conta cun ordenador de control con software específico para procesador led e software específico para uso de marcador; superficie gráfica da pantalla led deportiva de 10 m2; consola deportiva para manexo de marcador; estrutura para fixación da pantalla; bocina; xogo de dous marcadores de posesión, homologados por FIBA e consola de posesión.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad