Sabela Landín 23/01/2022
himno

Teñen un prazo de 60 días a contar desde onte. Unha vez sexa elixido o himno, será levado a Pleno para a súa aprobación e presentado o 13 de xuño, Día da Rosa.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá mosense, Sara Cebreiro, informaron esta mañá de que onte abriuse o prazo de presentación de propostas para a letra do himno oficial do Concello de Mos, que permanecerá aberto durante 60 días a contar dende o día de onte, xoves 20 de xaneiro de 2022.

A aprobación das bases aprobouse en Pleno pola maioría de membros da Corporación Municipal o pasado mes de decembro.

Mos conta cun himno municipal propio, a Alborada CAMIÑO DA ROSA, do gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo (aprobado en pleno con data 18 de decembro de 2017), e agora, co obxectivo de que este himno conte ademais cunha letra que o diferencie do resto dos municipios, iníciase este procedemento.

Deste xeito redactáronse as bases que rexen a presentación de propostas para a posterior elección da letra para o himno de Mos.

A letra do himno deberá ser aprobada en Pleno. Os participantes deberán ser os lexítimos titulares dos dereitos da letra e estar dispostos a ceder os seus dereitos ao Concello de Mos.

Sobre as características da letra, esta poderá presentar unha proposta calquera veciño, veciña ou colectivo (Asociación veciñal, social, cultural, Escola, Grupo, Centro Educativo… ) de Mos ou doutro lugar. A letra terá que ser en galego. A letra deberá ser acorde á historia, ás tradicións e costumes do lugar e á paisaxe do municipio de Mos. Deberá ser unha letra inédita do/a propio/a escritor/a ou compositor/a.

Serán valoradas todas as propostas presentadas no Rexistro Xeral municipal dende o día seguinte á publicación no BOP e por un prazo de 60 días naturais. Horario de rexistro: de luns a venres: de 9.00 h a 14.00 h. Tamén se pode presentar por rexistro electrónico e toda a información ao respecto pode consultarse na web do Concello de Mos na seguinte ligazón:

A valoración das propostas realizarase entre un xurado profesional (50 % da puntuación) que constituirá unha mesa de traballo, a Corporación Municipal (25% da puntuación) que tamén constituirá unha mesa de traballo formada por cada un dos voceiros de cada partido político e un xurado popular (25% da puntuación). Como membros do xurado popular poderán votar todas aquelas persoas que o desexen. Só será contabilizado un voto por persoa e unicamente poderase votar a través da aplicación específica “A letra do noso himno” creada para tal fin, e que estará vencellada única e exclusivamente á web municipal. Unha vez sexa elixido o himno, será levado a pleno para a súa aprobación e será o Secretario municipal o encargado de iniciar os trámites necesarios sobre este asunto indicando a Lexislación aplicable e o procedemento posterior a seguir. O himno será presentado oficialmente o 13 de xuño de 2022, DÍA DA ROSA.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad