Sthela Táboas 19/01/2022

Dende a Administración local presentarán un recurso contra a resolución dos técnicos provinciais, pois Pedro Pereira recibíu a comunicación en decembro cando exercía como alcalde accidental e solicitou audiencia, para coñecer o desglose da puntuación e poder alegar con fundamento

O Concello do Porriño anunciou hoxe que recurrirá o ditame da Deputación de Pontevedra que desestima ao Concello do Porriño a achega correspondente ao Plan REACPON. 

O proxecto de humanización e prolongación da rúa Antonio Palacios presentado para a súa financiación con fondos provinciais, consiste na humanización de ambas marxes dende o Parque Ordóñez ata o IES Pino Manso, que empata con carril bici na marxe dereita dende o instituto porriñés ata Cans, contemplando diversas actuacións de mellora.

A resolución notificada en decembro ao entón alcalde accidental, Pedro Pereira, indicaba que o proxecto acadou unha puntuación de 39,5 puntos dos 50 requeridos nas bases. O seguinte que fixo Pereira, tal como indicou a este medio foi “solicitar audiencia para que se desglosase a puntuación, xa que non viña descrita, e poder así fundamentar as alegacións nun recurso administrativo”.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, explicou que “falamos de 645.000 € que nos permitirían levar a cabo unha obra de gran interese para o casco urbano e moi demandada polos vecinos, á que non podemos renunciar por unha mala xestión. Faremos o que estea nas nosas mans para recuperala, comezando pola presentación dun recurso de reposición para que se revise o proxecto”.

Dende o Concello, respecto deste proxecto indican que “a rúa Antonio Palacios ten un gran tránsito, tanto rodado como peonil, polo que sería adecuado levar a cabo as obras precisas que garantan a seguridade peonil e de circulación, proxectar pasos de peóns sobre elevados, plantar árbores e ademais de dispor zonas de uso e disfrute para a veciñanza e a creación dun carril bici”.

De feito, Pedro Pereira informou de que “estaba tamén proxectado outro carril bici, entre o Campo da Feira en A Pontenova ata A Casilla en Atios; que quedou pendente de presentar logo de solicitar financiación ás distintas administracións”.

Así mesmo, o concelleiro nacionalista conclúe lembrándolle ao PP que “o que ten que facer e defender ao Porriño e deixarse de descalificar o traballo realizado polo BNG”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad