Sthela Táboas 19/01/2022

Trátase de  Aroa Otero -Subcampioa de España Cadete-,  Laura Mira -Subcampioa de España Junior- e Moisés Leboso -Bronce en Máster 40B- no Campionato de España de Ciclocross que foron recibidos polo rexidor porriñés

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado por membros do goberno municipal, recibiron hoxe na Casa Consistorial a tres porriñeses que destacan no mundo deportivo do ciclismo.

Trátase d@s ciclistas Aroa Otero do CC Avanza,  Laura Mira do equipo Froiz e Moisés Leboso do “Equipo de las 10”, que veñen de facer pódium nas súas respectivas categorías no.

Entre o pasado 7 e 9 de xaneiro, a localidade valenciana de Xátiva acolleu o Campionato de España de Ciclocross, no que se deron cita @s mellores ciclistas da disciplina. A representación galega acadou 10 pódiums, dos que tres viñeron ao Porriño da man de:

-Aroa Otero do CC Avanza, Subcampioa de España en categoría cadete con 5 anos competindo e sendo seu segundo Campionato de España na modalidade de ciclocross. Tamén foi subcampioa galega en máis dunha ocasión.

-Laura Mira do GD Supermercados Froiz, Subcampioa de España junior, título que tamén acadaba o ano anterior en Torrelavega e o de Campioa en cadete no 2020 en Pontevedra. Practica o ciclismo dende pequena, 5 anos en mountain bike e dende fai 3 anos en ciclocross; aspira “a seguir traballando e sobre todo a seguir disfrutando”.

-Moisés Leboso do “Equipo de las 10”, que se fixo co bronce en máster 40-B e que tras deixar de competir en categoría élite fai xa 17 anos, agora busca disfrutar do ciclismo.

Alejandro Lorenzo felicitou en nome do Concello do Porriño aos tres ciclistas e amosoulle seu total apoio e o do seu pobo. “Este é un pobo de ciclistas e os vosos logros son os de todos os porriñeses e porriñesas. Só podo decirvos que contades co noso respaldo para o que necesitedes e que non perdades nunca as ganas de seguir crecendo e disfrutando ao máximo do que facedes” concluíu o alcalde.

Durante a visita, estiveron acompañados pola adestradora de Laura e Aroa, Ana Portela -do equipo GD Supermercados Froiz- e o que foi o seu adestrador de base, Abel Maceira -do AVANZA- club que, tal e como referíu o rexedor “fai unha enorme labor no ciclismo de base do Porriño”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad