Sthela Táboas 17/01/2022

A Xunta anuncia agora, tendo datos negativos dende 2012, que tomará medidas no Contrasto

Dende o grupo de oposición EU Son do Porriño, indican que “ante as novas aparecidas nos medios e nas redes sociais do Concello, urxe a convocatoria do Comisión de Seguimento da Contaminación por Lindano no Porriño, constituída en 2019 a petición de EU Son. É inconcebible que nun tema tan grave como este se anuncien accións de descontaminación sen poñelo en coñecemento da mesma”.

Ademais, putualizan que “ queda claro que a saúde de veciñ@s e o medioambiente non son a prioridade nin para o PP na Xunta, nin para ningún outro grupo municipal. O goberno autonómico só se se move en función da cor da alcaldía e polo goberno municipal xa pasaron PSOE, BNG e PP sen que dende o 2001 se tomara o tema en serio e se esixira a outras administracións que asumiran as súas responsabilidades”.

Resaltan que “mostra da desidia son as ausencias do anterior goberno do PSOE nas reunións do proxecto europeo LINDANET; ou que o PP, que gobernaba no 2012, ignorase un informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; ou mesmo que o BNG e UDDL non estiveran presentes en novembro do ano pasado, na constitución do Comité Social no que se expuxeron os resultados dos últimos estudos encargados pola Xunta”.

“EU on é a única forza que foi quen de, a través de Esquerda Unida e xunto cunha petición do seu coordinador local, Pedro Ocampo, presentar e expoñer ante as institucións europeas no 2018 e no 2020 a problemática na Comisión de Peticións”. Neste senso “tanto Xunta como Goberno de España van a remolque”.

Rematan dende EU Son que “por todo isto non imos consentir agora que a Xunta veña vender fume e agardamos coñecer o proxecto polo miúdo e que este anuncio, froito dun exceso de entusiasmo e moi pouco serio, non quede en nada”.


Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad