Sthela Táboas 04/01/2022

A obra do arquitecto Antonio Palacios súmase aos 50 edificios que locen nas súas fachadas a iluminación de enclave destacado do Camiño de Santiago

A Casa do Concello do Porriño xa loce desde esta tarde, a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda xunto co alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo, participaron no acto de aceso da iluminación artística que se proxecta contra a fachada lateral do edificio, obra do arquitecto Antonio Palacios. Ao acto tamén asistiron a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e concelleiros do equipo de Goberno municipal.

O vicepresidente da Xunta manifestou que “a Casa Consistorial do Porriño é un emblemático edificio de Antonio Palacios que merecía ser iluminado, xunto cos outros 50 edificios polos que pasa o Camiño, igual que outros 50 en todo o mundo”. Rueda, que ten entre as súas responsabilidades a carteira de Turismo, subliñou a importancia do Camiño Portugués “que aglutina case o 30% dos peregrinos que chegan a Santiago”. Tamén lembrou que “neste Xacobeo, en tan só 6 meses, pasaron polo Porriño arredor de 40.000 peregrinos”.

Pola súa banda, Alejandro Lorenzo salientou que “este é un dos primeiros actos que teño como alcalde deste Concello e para min é unha honra poder facelo. Hoxe para min é un día de inicios. Co acendido do Xacobeo non só iluminamos o Camiño de Santiago no Porriño, tamén o camiño que comezo ao fronte deste Concello e xunto con todos vós”.

O rexedor municipal expresou que “O Porriño é un pobo con moito potencial e o Camiño de Santiago e un gran alto falante de todo o que podemos ofrecer.  Ao iluminar a fachada da nosa Casa Consistorial como enclave destacado do Camiño, iluminamos tamén O Porriño cara o resto do mundo”, rematou Alejandro Lorenzo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad