Sthela Táboas 04/01/2022

Un total de 108 mulleres e 52 homes achegáronse a este servizo o pasado ano, e deles, 81 atoparon un emprego

O 50,6% das persoas que ao longo do ano 2021 se incorporaron á Bolsa Municipal de Emprego de Tui insertáronse no mercado local. En concreto foron 81 das 160 persoas atendidas no Servizo Municipal de Orientación ao longo do ano pasado.

Foron 108 mulleres e 52 homes os que ao longo dos últimos doce meses se achegaron a este servizo municipal que ten como finalidade mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do concello de Tui a través da posta en marcha de políticas activas de emprego e de actuacións personalizadas adaptadas a realidade persoal e profesional de cada demandante e atendendo aos seus intereses persoais na busca de emprego.

Orientacion e información, deseño de itinerarios personalizados de inserción, derivación a recursos formativos e de emprego, prospección no mercado visible e no mercado oculto, intermediación a través da bolsa de emprego,  impartición de talleres de emprego, así como acompañamento durante todo o proceso de busca de emprego son os servizos que a técnica municipal, o cargo do servizo, desenvolve coas persoas desempregadas ou en procura de mellora de emprego.

As persoas interesadas poden conseguir a través de este servicio municipal:

  • Definir ou redefinir o seu obxectivo profesional
  • Realizar o seu currículo
  • Mellorar a empregabilidade
  • Ferramentas e técnicas para a busca de emprego
  • Información do mercado laboral
  • Información e asesoramento sobre a acreditación da competencia profesional
  • Asesoramento en formación
  • Información sobre o sistema de garantía xuvenil
  • Xestión da bolsa de emprego (intermediación entre ofertas e demanda local)
  • Acompañamento no proceso de incorporación o mercado laboral
  • Información sobre emprendemento

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral do Concello de Tui está situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, atendendo ao público de luns a venres de 09.00 a 14.00 h, previa solicitude de cita no 986 603 228.

A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, explica que o “resultado do traballo realizado ao longo de 2021 é moi satisfactorio, e ten contribuído a que o nivel de desemprego en Tui acadara taxas inferiores ás rexistradas en 2019 –con anterioridade á pandemia – e que responde ao compromiso deste goberno cos problemas que preocupan aos seus veciñ@s, e que coma administración máis cercana ás persoas se preocupa por atender aínda non sendo competencias propias”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad