Sthela Táboas 28/12/2021

O pavillón Cándido Carrera contará cunha pista restaurada para a práctica de distintas disciplinas deportivas

Aproveitando o parón escolar do Nadal e a cancelación temporal das actividades por mor da COVID, o Concello de Salvaterra de Miño puxo en marcha as obras de mellora no Pavillón Cándido Carrera.

O obxectivo da obra consiste en facer o pulimento da pista, así como a substitución das tarimas estragadas polo uso constante e pintar novamente as liñas que marcan as superficies regulamentarias de cada disciplina deportiva que ofrece a instalación.

“É unha obra tan necesaria como urxente, xa que @s nos@s deportistas precisan dunha instalación adecuada para unha práctica segura e non se poden demorar, para que non lles afecte nos seus adestramentos, tendo en conta tamén que, á volta do Nadal, os colexios e as ANPAS tamén retoman as súas actividades.

Por todo isto,  o parón será mínimo para que, o día 10 de xaneiro, cando comecen as clases, o pavillón presente un novo aspecto rexuvenecido e quede listo para cubrir as necesidades propias d@s deportistas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad