Sabela Landín 28/12/2021
Mos

O importe do mesmo polos 2 anos de duración inicial do contrato ascende a 2.208.849,45 euros.

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte en Pleno por maioría dos seus membros (todos os votos a favor agás o de GañaMos en contra) a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar que seguirá a prestar a mesma empresa que o facía ata o de agora.

O prezo polos 2 anos de duración inicial do contrato (con posibilidade de prórroga a outros 2 anos máis de servizo) é de 2.208.849,45 euros. O prezo/hora, IVE incluído, ascende a 17,04 euros.

O Concello mosense é punteiro no SAF, no que actualmente conta con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, e casi 65.000 horas anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas.

O obxetivo deste contrato que supera o orzamento anual de 1 millón de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais.

Valoráronse tamén no novo prego de condicións os servizos complementarios destinados a mellorar a calidade de vida dos enfermos como por exemplo axudas técnicas tales como camas articuladas, grúas, cadeiras de rodas, de ducha, discos xiratorios… Servizos como o de podoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, limpeza de choque…

Con este novo contrato adxudícase un servizo para un total de 64.831 horas de servizo anual de 2 anos de servizo máis 2 de prórroga; é dicir 4 anos de prestación de servizo.

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, explicaron a este respecto que “no novo prego de condicións recolléronse todas aquelas propostas que os técnicos municipais consideraron viables e que optimizarán e implementarán o servizo; tales como máis axudas técnicas, máis EPIs, o servizo de terapia ocupacional, etc. E outras moitas suxerencias relativas a temas de máxima prioridade en persoal de este sector tales como as medidas de protección integral contra a violencia de xénero en caso de traballadoras do SAF vítimas de violencia de xénero, ou material de prevención de riscos laboráis”.

“Renovamos polo tanto o contratro do Servizo de Axuda no Fogar, un contrato acorde a un Concello como o noso”, destacaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro, “un Concello punteiro no SAF no que actualmente contamos con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, casi 65.000 horas fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Na actualidade non temos ningunha persoa de grado 3 e 2 en lista de espera”. E é que o Concello de Mos é un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF, xa que outros municipios con 15.000 habitantes ao igual que Mos, contan con menos da metade de horas

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad