Sthela Táboas 29/12/2021

O Pleno acordou a aprobación dos Consellos Sectoriais e o Consello Veciñal arranca coa aprobación do regulamento interno

Na última sesión plenaria do ano aprobouse por unanimidade a creaciónde cinco consellos sectoriais, despois de acordalo na sesión constitutiva do consello veciñal do pasado 16 de decembro. Estes consellos permitirán maior operatividade, xa que 44 entidades solicitaron a participación no Consello Veciñal, deste xeitoaxilízase o traballo e facilita a participación.

Os consellos sectoriais representados polas 44 entidades organizadas por áreas e obxectivos: educativas, sociais, deportivas, veciñais, etc. do municipio deste xeito constituíronse cinco:

1. Consello de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde.

2. Consello da Cultura.

3. Consello de Medio Ambiente e Medio Rural.

4. Consello do Deporte.

5. Consello de colectivos Veciñais, Muller e Persoas Maiores.

Do mesmo xeito que o Consello Veciñal, as funcións dos Consellos Sectoriais serán consultar, informar e propoñer sobre as cuestións que lles afecten no seu ámbito, informando ao concello sobre os problemas específicos do seu sector, propoñendo solucións e alternativas aos problemas da súa área de actuación, definindo as prioridades de inversión que proporán ao Consello Veciñal para o  seu debate e traslado ao concello, e facer seguimento dos acordos adoptados sobre as súas propostas.

O regulamento de Participación Cidadá, que inclúe a constitución do Consello Veciñal, aprobárase por acordo do Pleno Municipal o 27/08/2020 e foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 7 de setembro de 2020.  A pandemia impediu poñer en funcionamento este novo órgano municipal ata este mes de decembro, pero o equipo de goberno considera moi positivo que comece a súa andaina cos consellos sectoriais e cunha composición de 44 entidades.

Por outra banda, o rexistro de asociacións segue aberto e tamén segue aberta a opción de participar no Consello, a través da solicitude e nomeamento da persoa representante.

A participación veciñal é un compromiso do goberno, considerando indispensable que os elementos dinamizadores da vida social teñan unha participación activa na vida política do Concello e actúen como complemento enriquecedor da democracia representativa.

A alcaldesa e concelleira de Participación Cidadá, Verónica Tourón, declarou que  “a pesar da época de pandemia que estamos a vivir queremos impulsar un concello aberto e democrático, fomentando a participación da veciñanza e coa creación dos consellos sectoriais facilítase esta participación. Contar na constitución coa maioría das asociacións do noso concello é  sen dúbida a proba do interese e a garantía de que de que os consellos serán órganos no que haxa un debate transparente e construtivo para mellorar Salceda”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad