Sthela Táboas 16/12/2021

O número de desempregados descendeu en O Porriño en preto dun milleiro de persoas na última década

A Concellería de Emprego e Promoción Económica, que dirixe David Alonso, fixo público un balance sobre a evolución do paro no Porriño na última década. Os datos indican que entre 2011 y 2021, preto dun milleiro de persoas en O Porriño abandoaron as listas de desemprego e acadaron traballo.

En concreto en 2011, o número de parados rexistrados en Porriño era de 2.311 desempregados, mentres que en 2021 (con datos ata 30 de novembro) é de 1.391 desempregados.

O peor dato de desemprego anual rexistrouse no Porriño en 2013, cando se acadou o punto máis alto con 2.649 desempregados. A tendencia a partir de 2014 comezou a mellorar e só tivo unha ruptura en 2020, debido á pandemia, cando pasou a 1.713. Pola contra, este 2021 foi un ano de manifesta recuperación, con continuos descensos do número de parados de xaneiro a novembro, como acreditan os datos do Instituto Galego de Estatística e Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

O concelleiro David Alonso subliñou a súa satisfacción polos datos e “congratulámonos de que as accións realizadas polo noso departamento estén a dar os seus froitos”. Alonso Bargiela lembrou que decidira dotar con máis persoal ao departamento para as tarefas de orientación laboral e prospección.

O concelleiro tamén valorou a importancia que están a ter os programas de formación como o que remata esta semana en Porremprego, coa entrega de diplomas aos participantes que realizarán mañá venres o alcalde accidental, Pedro Pereira e o propio David Alonso aos participantes nos cursos de: estacións de servizo, manipulador de alimentos, mozo de almacén, busqueda activa de emprego, básico de limpeza industrial e electromecánica básica.

Alonso tamén destacou a labor que fai “Porriño Accede”, o programa de prospección e formación municipal, que organiza cursos de formación con prácticas en empresas e que leva atendidos a 93 usuari@s no que vai de ano, acadando a inserción laboral de 63 persoas en empresas do Porriño.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad