Sthela Táboas 16/12/2021

Acordouse por maioría cos votos en contra do PP e coa intervención telemática dos concelleiros Patricia Sío e Bienvenido Estévez

O pleno da corporación municipal do Porriño aprobou por maioría, con carácter definitivo, unha modificación orzamentaria consistente nun suplemento de crédito de 865.616 € para facer fronte a distintos pagamentos de telefonía, informática, conserxes e para sufragar gastos do Servizo de Axuda no Fogar e outros derivados da pandemia.

O acordo realizouse co voto a favor de 9 concelleiros (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) fronte aos 8 votos en contra do PP.

Previamente, coa mesma aritmética, as alegacións presentadas foron desestimadas, o que mesmo provocou un receso na sesión para consultas. Finalmente, unha vez reanudada a sesión plenaria, proseguíu o debate e concluíu coas citadas votacións.

Deuse a circunstacia de que dous membros da corporación -a voceira do grupo EU SON, Patricia Sío, e o concelleiro do Partido Popular, Bienvenido Estévez- tiveron que intervir telemáticamente, dando fe da súa participación e voto o secretario municipal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad