Sthela Táboas 10/12/2021

O socialista porriñés, Iván Vaqueiro, entra a formar parte do máximo órgano entre congresos, o Comité Nacional

Representando ao PSdeG-PSOE do Porriño acudiron como delegados David Alonso e Miguel Táboas

A delegación socialista da provincia de Pontevedra no 14º Congreso Nacional do PSdeG sae satisfeita da cita celebrada entre o martes e o mércores en Santiago. O secretario xeral provincial, David Regades, está “moi contento do peso político da nosa provincia” e anuncia que a presencia dos representantes que pasan a formar parte da Executiva Nacional axudará a marcar “un rumbo feminista, igualitario e comprometido coa sociedade galega”.

Regades destacou “o gran número de representantes” do socialismo pontevedrés tanto na Comisión Executiva Nacional, como no Comité Nacional do PSdeG, así como no Comité Federal do PSOE. O secretario xeral anticipou que toca seguir traballando diante das citas electorais que veñen, as próximas Eleccións Municipais, Xerais e Autonómicas “para seguir sendo primeira forza política en Galicia”.

Na Comisión Executiva Nacional Galega, integrada por 46 persoas, pasa a haber 12 representantes da provincia. A presidenta da Deputación pontevedresa, Carmela Silva, foi elixida como presidenta do órgano directivo do socialismo galego. Tamén pasan a formar parte o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela; o secretario xeral vigués e concelleiro, Abel Losada; a pontevedresa, María Pierres; o eurodeputado lalinense, Nicolás González; a silledense, Paula Fernández; o concelleiro pontevedrés, Iván Puentes; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; o valgués, Javier Carballo; o pontevedrés, Rafael Cotelo; a alcaldesa redondelana, Digna Rivas; o concelleiro cambadés, Samuel Lago; o edil estradense, Luis López Bueno e a viguesa, Patricia Rodríguez Calviño.

Entre os sete novos membros do Comité Federal decididos no Congreso galego figura o secretario xeral da provincia de Pontevedra, David Regades e a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez.

No Comité Nacional, máximo órgano entre congresos, entran Antón Louro, Modesto Pose, Josefina Silva, Tania García, Patricia Vilán, José Antonio Cacabelos, Julio Torrado, Francisco Santiago, Manuel Rey, Julia López, ÁngelRivas, Nuria Rodríguez, Manuel Gallego, Ángeles Marra, Carlos Font, Juan Carlos Pérez, Yoya Blanco, Luis Piña, Ana Doval, Manuel Vázquez, María José Vales, Pilar Nogueira, Juan Manuel Rey, Vanesa Fernández, Alba Forno, Yolanda Rodríguez, Consuelo Besada, Francisco Veiga, Rubén Rial, Leonardo Cabaleiro, Lorena Durán, Adriana Viz, Manuel Fariña, Eugenio González e o porriñés, Iván Vaqueiro.

Iván Vaqueiro foi concelleiro socialista no Porriño durante 12 años, membro da executiva galega con Emilio Pérez Touriño; na actualidade traballa como Director de Desenrolo nunha consultora de ámbito nacional, centrada en temas de innovación e promoción para empresas e organizacións.

Pola banda dos socialistas porriñeses, tamén acudiron ás dúas xornadas deste Congreso Nacional os delegados Miguel Táboas e David Alonso, este último felicitando a Ivan Vaqueiro pola súa entrada no Comité Nacional do PSdeG, xa que “é unha representación moi acertada para o futuro da agrupación socialista e para toda zona da Louriña e Baixo Miño”.

Finalmente, entre os tres vocais da Comisión Nacional de Ética e Garantías figura o concelleiro vigués e deputado provincial, Santos Héctor Rodríguez.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad