O mestre do acordeón diatónico ofrecerá un concerto no Centro Cultural As Pedriñas ás 20.00 h
O músico e compositor vasco, Xabi Aburruzaga (Portugalete, Euskadi, 1978), que é ademáis o mestre da Trikitixa e o acordeón diatónico (se diferencia del acordeón cromático porque su estructura musical depende de unas escalas determinadas), estará este sábado na Sala Rebullón ás 20.00 h. O prezo de entrada anticipada é de 10 € e en taquilla 12 €.
Xabi Aburruzaga comezou a estudar música cando tiña 7 anos e a tocar o acordeón e o piano, tan só un ano despois. Gañou múltiples premios tocando o seu instrumento e publicou varios libros e discos.
En 1999 lanzou o seu primeiro álbum, recibindo aclamación da crítica.
Ao ano seguinte recibiu a proposta para a canción ” Karmelo Ikastola”. A medida que se fixo máis coñecido, lanzou a súa escola Trikitixa: Trikileku.
Ao principio só eran estudantes da zona, pero na actualidade conta xa con estudantes de toda a provincia de Bizkaia.
No 2002 creou unha canción das celebracións de Bermeo, despois do cal publicou un novo álbum coa colaboración de Mikel Urdangarin, Joseba Tapia e Iñaki Aurrekoetxea.
En 2004 participou na canción do Ibilaldia con outros artistas como Eñaut Elorrieta ou Oreka Tx. En 2005 publicou o libro Bizkaiko Trikitixa coa partitura trikitilaris de Biscaia. Despois de publicar o libro, lanzou un álbum co mesmo título, do que vendeu un número significativo de discos.
Isto levoulle a publicar outro libro e disco, baseado nunha canción escrita por Faustino Arrola, adaptándoo aos novos sons da música máis moderna. Neste proxecto colaborou con varios artistas como Amaia Orella, Mikel Markez, Leturia e Xabi Zeberio.
En 2009 publicou un álbum con letras, Denboraren Naufragoa, con textos de Kirmen Uribe acompañando a música.
En 2010 foi convidado ao famoso Festival Folclórico de Ortigueira.
Actualmente, continúa con novos proxectos, así como colaborando co grupo Oskorri.