Mónica Romero 09/12/2021

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo volven a sumar sinerxías a través dun novo convenio que permitirá ampliar o estudo sobre as implicacións medioambientais e o efecto que teñen os microplásticos nos ríos da provincia

Así o anunciaron hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, e o reitor da universidade, Manuel Joaquín Reigosa, no acto de sinatura deste acordo –que conta cun orzamento de 20.000 euros– no que ambos mostraron a súa satisfacción por poder poñer o coñecemento ao servizo da sociedade. A firma tivo lugar na sede de Vigo da Deputación, onde tamén estivo presente a deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas.

Tal e como indicou Carmela Silva, este convenio chega para dar continuidade ao asinado en 2020 “sobre microplásticos na auga e na comunidade de invertebrados nos ríos Lagares de Vigo e Gafos de Pontevedra” e ten por obxecto coñecer de preto “a influencia que poidan ter os microplásticos nun sector como é o da pesca, fundamental para a nosa economía, e moi particularmente na saúde das persoas”. Tamén puxo de relevo o feito de que na provincia “temos unha zona costeira cunha gran riqueza produtiva, e temos que estar moi atentas e atentos porque os microplásticos, sen dúbida, son unha grande ameza para os sectores pesqueiros e marisqueiros”.

Neste senso, a presidenta remarcou que “unha das nosas grandes fortalezas é a calidade do produto, e para acadala temos que coidar os ecosistemas nos que se desenvolve”. Para Carmela Silva “ter coñecemento e información sobre como poden influír estes microplásticos é fundamental para poder tomar decisións e para que o conxunto da sociedade tome conciencia desta situación”. Por este motivo anunciou que “tan pronto estea rematado o estudo daremos a coñecer a información que se teña elaborado e tamén planificaremos medidas para poder dar resposta á situación que se nos formule”.

Na súa intervención Carmela Silva lembrou outros moitos convenios asinados coa Universidade de Vigo vinculados a eidos como a cultura, o medio ambiente, a igualdade entre homes e mulleres –os cales destacou de maneira particular– ou a promoción da actividade económica. Deste xeito, as moitas das iniciativas provinciais están estreitamente vencelladas ao traballo que se realiza nas aulas universitarias e “incluso moitos dos proxectos que presentamos a fondos europeos e que teñen que ver coa recuperación do medio ambiente parten do coñecemento que nos aporta a universidade”. Neste senso, a Deputación de Pontevedra está a presentar moitos proxectos á Unión Europea vinculados “co mundo rural, agrario e pesqueiro” para converter a provincia nunha “referencia de traballo, respecto ao medio ambiente e coñecemento”.

Pola súa banda, o Reitor Manuel Reigosa amosouse satisfeito pola colaboración entre as dúas institucións para poder poñer “á disposición da sociedade o talento que hai nos nosos laboratorios e aulas”, e agradeceu “o empuxe da Deputación para facer este tipo de estudos, que son importantes para a sociedade”. O reitor da Universidade de Vigo tamén fixo fincapé no eixo principal do convenio asinado e asegurou que “hai que investigar e coñecer como están os nosos ecosistemas, e que mellor obxecto de empezar que os ríos, que nos poden dar unha medida da súa saúde”. “Creo que é un enfoque moi positivo desde o punto de vista científico”.

A presenza de microplásticos en masas de auga é un dos principais problemas ambientais. O ser humano ten producido 8.300 millóns de toneladas métricas de plástico desde 1950, unha cifra que ten graves consecuencias como o feito de que no mar existan 51.000 millóns de partículas microplásticas. Este problema tamén afecta o reino animal onde, por exemplo, o 90% das aves mariñas teñen fragmentos de plásticos nos seus estómagos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad