A Casa Consistorial alumearase de cor verde este venres conmemorando o propio día
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase o 3 de decembro, por acordo da ONU. Este ano 2021 baixo o lema. “Reconstruír mellor: cara a un mundo pos-Covid inclusivo, accesible e sostible por, para e coas persoas con discapacidade”.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Educación, da OMIX, do Consello de Participación da Infancia e a Adolescencia e ACEESCA, anima a todas as persoas a conmemorar este Día.
Mañá xoves día 2, instalarase unha pancarta conmemorativa, acto que presidirá a concelleira de Educación coa asistencia de profesorado e alumnado do centro ACEESCA, a partir das 10:00 h. A pancarta seguirá ao longo desta semana na fachada do edificio do Concello. Ademais o propio venres 3 de decembro, ao anoitecer, o edificio do Concello aluminarase de cor verde.
A conmemoración deste Día Internacional procura unha toma de conciencia e de medidas, orientadas cara á constante mellora da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas.