Sthela Táboas 02/12/2021

Une a colectivos e escolares baixo o mesmo paraugas organizando contacontos e obradoiros, nos colexios e no instituto, impartidos pola Fundación Igual Arte, a Federación de Persoas Xordas e EVD Galicia

O Concello de Mos, con motivo do Día da Discapacidade que se conmemora mañá, venres 3 de decembro, organiza 3 actividades con escolares moi interesantes. Trátase de dous contacontos, un a cargo da Fundación Igual Arte e outro da Federación de Persoas Xordas; e o obradoiro impartido pola Asociación EVD Galicia, “Todos baixo o mesmo paraugas”.

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, participou onte pola mañá no CEIP Pena de Francia co alumnado de Infantil, no contacontos organizado polo Concello de Mos con motivo do Día da Discapacidade e levado a cabo pola Asociación Fundación Igual Arte, co seu grupo de animación Variopinto.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Fundación Igualarte e o Concello de Mos, únense co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os ámbitos da vida.

Esta actividade está dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil de tres centros educativos do concello de Mos: Pena de Francia, Mestre Valverde Mayo e Mestre Martínez Alonso. No contacontos integrantes de Variopinto, representan o conto de “Elmer, un elefante diferente” con animación musical inicial.

Un conto sobre a tolerancia, aceptación dun mesmo, a búsqueda da felicidade, todo iso a través da acertada metáfora das cores. Elmer acabará dándose conta de que os seus amigos o queren polo que é, e se fora igual aos demais, acabaría perdendo a súa esencia.

Outro dos contacontos para Infantil é o desenvuelto pola Federación de Persoas Xordas. Resulta moi interesante que os máis cativos aprendan a expresarse nun idioma que pode facilitar a comunicación con persoas xordas, xa que poden atoparse con compañeiros con esta discapacidade ao longo da súa vida.

Os contacontos en Lingua de Signos, son narracións signadas de contos populares, os cales tradúcense simultaneamente a través dunha intérprete de lingua de signos. A riqueza visual e expresiva destaca especialmente nesta actividade, que achega aos máis pequenos á lingua de signos e ao coñecemento das persoas xordas. A súa vez, realízase unha adaptación de contos xa coñecidos.

Esta actividade está dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil en dous centros educativos do concello de Mos: CEIPs de Atín e Petelos. Os contos que se interpretan son “A que sabe a lúa?” e “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

A actividade para Primaria e para 1º da ESO do IES impartíuna o Centro das Escravas da Virxe Dolorosa co obradoiro “Todos baixo o mesmo paraugas”.

Entre os días 29 de novembro e 2 de decembro, leváronse a cabo uns obradoiros impartidos por EVD Galicia, nos centros educativos do concello, co obxectivo de sensibilizar aos nen@s e á mocidade do municipio. E o venres 3 de decembro, dito alumnado sairá ao patio co material elaborado nestes obradoiros, coa finalidade de reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.

Os obxectivos desta actividade son mellorar a integración e a inclusión do colectivo con discapacidade; promover un clima de traballo cooperativo e colaboración entre rapaces e rapazas; favorecer as situacións de igualdade nas relacións; e fomentar o aprendizaxe de valores baseados no respecto polas diferenzas, a igualdade e a tolerancia.

Neste caso, o alumnado ó que se ofertou esta actividade de educación en prol da igualdade foi para 2º e 3º de Primaria nos centros educativos de Primaria, agás en Pena de Francia que escolleron realizala en 1º e 2º de Primaria. No IES de Mos, impartiuse nos 5 grupos de 1º da ESO. A actividade foi escollida polos CEIPS de Atín, Mestre Valverde Mayo, Pena de Francia e Petelos e o IES de Mos.

A actividade consiste na visita de EVD Galicia (unha usuaria e unha monitora) do Centro de Petelos, presentan aos escolares o centro no que residen, como funciona e como é o seu día a día no propio centro. Seguidamente, en pequenos grupos de 5 escolares, as usuarias da man das monitoras decoran un paraugas no que teñan cabida todos, fomentando a igualdade e a tolerancia. Mañá día 3 de decembro ás 12.00 h o alumnado que participou neste obradoiro sairá ao patio para darlle visibilidade a esta conmemoración.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad