Sthela Táboas 30/11/2021

O histórico recinto transformarase nun máxico Castelo de Contoque por primeira vez contará cun mercadiño de produtores da provincia con produtos sostibles e de proximidade, ideal para os regalos de Nadal

A institución invita á cidadanía aos actos que arrancan este martes co acendido das sedes provinciais en Vigo e Pontevedra con panxoliñas e conta atrás

A Deputación de Pontevedra dá o ‘pistoletazo’ de saída ao Nadal cunha potente programación que abrangue unha completa oferta de actividades que comezará co acendido e a inauguración da decoración das sedes en Pontevedra e Vigo e que desde o xoves situará ao Castelo de Soutomaior como o epicentro destas festas. O arranque terá lugar este martes co acendido da sede provincial en Vigo ás 18.15 h, que contará con conta atrás e a actuación do grupo CherrySweet. Unha hora despois, ás 19.30 h, o Pazo Provincial de Pontevedra iluminarase de Nadal e se inaugurará a decoración interior do edificio cunha máxica “fonte dos desexos”, para desfrutar despois dunha chocolatada.

O Castelo de Soutomaior e a esperada estrea do seu mercadiño este xoves, será o auténtico protagonista. A Deputación anima e invita a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño para poder adquirir produtos da provincia, sostibles e de proximidade, colaborando así coas produtoras e produtores das diferentes comarcas e cumprindo os requisitos do Certificado Observer e do Plan Estratéxico de Turismo. O mercadiño, ideal para os regalos de Nadal, estará aberto os días 2 e 3 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 h; e os días 4,5,7 e 8 de decembro, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Nos postos, haberá representación da Cooperativa Camiño Circularque achegará queixos, ovos, mel, licores, marmeladas, melindres, bicas e artesanía; por produtos do marcomo afumados e conservas;  por produtos a carón do Miño como chocolates, conservas de lamprea, mirabeles ou grelos; por produtos relacionados coa camelia a través de artesanía, cosméticos, marmeladas e venda de árbores; e de quilómetro ceroa través dos viños de Soutomaior, do viño Pedro Madruga e de espumosos. Amais, contará cunha zona de degustaciónna que se poderá probar os produtos

Amais do mercadiño, o Castelo “encherase de maxia” estes días nos que tamén haberá visitas teatralizadas, contacontos, obradoiros, unha “caixa de correo de soños” e as visitas ao recuperado “Muiño das Afreitas”.Baixo o título “A maxia do Nadal está no Castelo”a iluminación de todo o recinto terá lugar o próximo xoves ás 18.30 h, aínda que xa media hora antes, ás 18.00 h todo o público poderá achegarse para participar nunha visita ambientada na que as persoas participantes serán recibidas por “zancudos” que guiarán a actividade para coñecer o funcionamento do muíño e desfrutar das sorpresas nos xardíns.

A programación tamén inclúe visitas teatralizadasao recinto histórico baixo o título “A luz do Nadal” e a cargo de Troula. Estas visitas, protagonizadas por unha raíña, a de corazóns, e dous bufóns da súa corte, oferta un total de 225 prazas distribuídas entre os días 7 e 8 de decembro (ás 11.00 e 17.00 h), 10, 23 e 30 de decembro (ás 17.00 h) e 19 e 26 de decembro (ás 12.00 h). Haberá tamén sesións de contacontos e obradoiros baseados na obra “Un conto de Nadal” de Charles Dickens. Serán oito sesións os días 4,5,11, 12, 18, 19, 26 de decembro e 2 de xaneiro ás 17.00 h, con 30 prazas cada unha delas, dirixidas a crianzas de entre 4 e 9 anos.  O día 4 terá lugar un contacontos no que Pedro Madruga, coa axuda das e dos rapaces, salvará o Nadal; o 5 un obradoiro de arquitectura no que a cativada construirá e decorará un poboado de Nadal; o 11 terá lugar un  contacontos sobre as tradicións do Nadal no mundo e un obradoiro con tintas para crear felicitacións, que tamén se repetirá o día 12.  Pola súa banda o día 18 haberá contacontos e un obradoiro para crear farois ecolóxicos con desexos; o 19 un experimento científico para fabricar neve e descubrir o que se atopa no interior dun iceberg; o 26 contacontos para descubrir os recunchos do castelo e un obradoiro para decorar a árbore de Nadal con materiais recollidos no percorrido; e xa o 2 de xaneiro realizarase unha ruta de sendeirismo polos xardíns do Castelo, onde nenas e nenos coñecerán os animais e plantas que habitan neles e rematarán decorando casiñas para paxaros. Para as visitas teatralizadas e os obradoiros hai que reservar praza en castelodesoutomaior@depo.es Amais, este Nadal tamén abrirá por vez primeira as súas portas o “Muíño das Afreitas”. Despois da recente restauración da maquinaria xa está en funcionamento para que as nenas e nenos poidan ver a última moenda para facer os doces típicos do Nadal.  Tamén, ao igual que o pasado ano, haberá unha “caixa de correo de soños”, no Patio de Armas, na que tanto nenas e nenos como maiores poderán deixar os seus soños e desexos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad