Sthela Táboas 30/11/2021

“Un plan de inversión ambicioso como é en sí este orzamento, o máis elevado da historia do municipio, que chega aos 13 millóns de euros” declara a alcaldesa de Mos

Hoxe aprobouse en Pleno, coa maioría de votos favorables -goberno e concelleira non adscrita, Verónica Costas, votaron a favor; e o resto de grupos, PSOE, GañaMOS, BNG e concelleiro non adscrito, Román González, en contra- o primeiro orzamento da alcaldesa, Nidia Arévalo, que trae consigo un plan de inversións. Inversións que ata o de agora derivábanse a outras administracións, para poder facer fronte a unha débeda importante, que ano tras ano foise rebaixando, ata conseguir unha cantidade que permitiu iniciar unha nova etapa económica no Concello de Mos.

Deste xeito a rexedora local mosense declarou que “Mos terá un plan de inversións ambicioso (dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022), ambicioso como é en sí este orzamento. Un orzamento que grazas ao anuncio da subida do Fondo de Cooperación Local, máis dos Tributos do Estado e sumando tamén a non desexada revisión do Catastro, fan que as contas sexan as máis elevadas da historia, 13 millóns de euros”.

Os proxectos rematados que serán incluídos no plan de inversión municipal son a senda de Dornelas que se unirá a xa existente de Torroso facéndoa circular. Acometeranse en dúas anualidades máis de 1 millón de euros en novas rodaduras e cunetas. Cantidade que será fixa a partir de agora. Acometerase tamén a prolongación da Senda do Louro dotándoa tamén de alumeado. Ese lugar de uso e disfrute da veciñanza, A Pesqueira, seguirá crecendo. E para elo investiranse preto de 500.000 € nunha partida que incluirá ademáis da iluminación e ampliación do sendeiro, a adquisición de terreos e continuar avanzando con máis elementos como unha pista de skate. E acometerase tamén unha nova entrada para o Pazo de Mos. Ante a necesidade de rematar o saneamento, ademáis dos proxectos entregados en Augas de Galicia mediante os que se actuará en Louredo e Sanguiñeda, incluirase unha cantidade como tódolos anos para facer as urxencias necesarias. Neste caso unha vez feitas as de Mos, na Nacional 550, acometeranse obras en Cela.

Neste plan de inversións aparecen as expropiacións pertinentes para continuar Segundo Pampillón, a Estrada Pereiras-Tameiga, e por suposto resolver os problemas de tráfico no Camiño de San Cosme, na Cachada en Gándara-Mos e A Laxe-Petelos.

En Patrimonio, dedícanse 52.000 € para a adquisición de terreos e o estudo para a rehabilitación do Castro de Torroso, a rehabilitación de fontes e lavadoiros municipais e a instalación de sinalización de patrimonio cultural.

No tocante ao Deporte, seguiranse renovando instalacións, hai unha partida, para cofinanciamento coa Xunta de Galicia, destinada a melloras como cambio do tapete de céspede artificial no Campo de Fútbol das Baloutas, alumeado no Campo de Fútbol de Cototorrón, marcadores, renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente, e mellora da pista deportiva de San Eleuterio. E séguese a apostar polos parques infantís e, como tódolos anos, faranse renovacións.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad