Sthela Táboas 27/11/2021

Trátase dunha nova ferramenta dixital, útil e intuitiva, que promociona turísticamente o municipio que xa se atopa operativa e foi elaborada pol@s alumn@s traballadores do Obradoiro Municipal de Emprego “Mocidade no Camiño”

Este venres tivo lugar, no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos, a presentación da páxina web “Mos no Camiño”, confeccionada polos 8 alumn@s traballadores do Obradoiro Municipal de Emprego “Mocidade no Camiño” (que rematou o pasado 14 de outubro) da especialidade formativa de deseño de produtos gráficos e multimedia.

A web, que xa está operativa na ligazón mosnocamiño.es contén información do Camiño Portugués a Santiago de Compostela ao seu paso por Mos e dos principais lugares de interese histórico, patrimonial, cultural e paisaxístico do Concello de Mos, aínda que non se atopen ubicados exactamente no Camiño. 

Trátase dun excelente, estético e profesional traballo de deseño gráfico, web, programación, fotografía e vídeo; que aporta unha atractiva visión da localidade mosense como destino turístico, de lecer, interesante para visitar e incluso ser coñecido máis en profundidade pola propia veciñanza. 

Esta nova páxina web municipal está operativa xa en galego e nos vindeiros días tamén estará a súa versión en castelán.

É unha plataforma moi práctica, intuitiva e de navegación sinxela que inclúe desde consellos prácticos para facer o Camiño, ata Apps para peregrinos, ligazóns de interese, mapas con ubicacións coas localizacións destacadas e/ou recomendadas, descripcións do patrimonio histórico e cultural mosense, material didáctico sobre a historia da orixe de Mos, información útil sobre albergues, etc.

Na presentación de hoxe ademáis das concelleiras mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro; e de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; tamén estiveron presentes o profesor da especialidade responsable da creación desta estupenda ferramenta dixital, Diego Seixo, e dous alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego na devandita especialidade, Ana Misa e Iván Domínguez.

Os 8 alumn@s traballadores participaron e contribuíron activamente na creación desta web. Así mesmo houbo dous que fixeron unha aportación un tanto máis especial como foron Sergio Lorenzo, encargado da edición do vídeo incluído na páxina e Alex Camiña, que compuxo a música orixinal do mesmo.

En definitiva, “Mos no Camiño” é unha ferramenta moi interesante tanto para o peregrino como para a propia veciñanza. Xa que inclúe os eventos culturais, sociais, deportivos e musicais que se organizan no municipio, así como lugares de interese en todas as parroquias.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad