Sthela Táboas 27/11/2021

“O PP de Mos minte durante un Pleno para tratar de esconder as subvencións da Deputación para o festival “O Son do Pazo”

O PSdeG-PSOE de Mos Goberno local de Mos cruzou un novo límite ético ao mentir abertamente á veciñanza durante o último Pleno municipal, no que chegou a negar a existencia dunha subvención nesta última edición de case 6.000 € a través do programa de apoio aos festivais de música e de artes escénicas da provincia, para o colectivo organizador do Festival O Son do Pazo. A colaboración da Deputación incluíu tamén a participación de grupos de música tradicional con cargo provincial Pontegal e, finalmente, a impresión da “cartelería”. Dita subvención tamén foi solicitada e concedida durante os anos anteriores.

A voceira municipal do PSdeG-PSOE, Victoria Alonso, explica que o tenente de alcalde, Camilo Augusto, non dubidou en mentir na sesión plenaria. Unha sesión que está gravada e, por tanto, é accesible para quen queira comprobalo. As falsidades producíronse durante o debate dunha moción presentada polo grupo socialistas sobre unha serie de propostas a ter en conta nos vindeiros orzamentos municipais.Victoria Alonso, que tamén é deputada provincial das áreas de Cultura e Igualdade, insistiu en reclamar ao PP que retirara as falsidades, cuestión que a alcaldesa, Nidia Arévalo, non só non atendeu, senón que mesmo ratificou cunha actitude pueril, incomprensible e indigna.

Alonso explica que “esta liña de subvencións para festivais de música e de artes escénicas foi creada hai 6 anos polo actual Goberno da Deputación e dela benefícianse decenas de eventos da práctica totalidade de concellos da provincia”. Engade que “con anterioridade a 2015, cando o PP presidía a Deputación, as asociacións de Mos non puideron concorrer a esta liña, simplemente porque non existía. A Deputación carecía de subvencións transparentes e abertas ás asociacións organizadoras de festivais, porque os cartos repartíanse dunha maneira opaca, sen convocatorias abertas”. Destaca a concelleira socialista, quen conclúe aclarando que “consta que a asociación organizadora do Festival O Son do Pazo recibe apoio estable da Deputación dende o ano 2016”.

Dende a bancada socialista denuncian “o constante engano e a actitude coa que o PP terxiversa a realidade para ocultar o apoio que os diferentes colectivos e o propio Concello reciben da Deputación. Tratar de ocultar os cartos que Mos recibe da Deputación produce vergoña allea, simplemente, porque ao igual que o resto dos concellos da provincia, a Mos teñen chegado nos últimos 6 anos varios millóns de euros en financiamento regrado de case tódolos servizos provinciais, incluído o de Cultura. Unha colaboración institucional que fai posible a inmensa maioría das obras e unha parte significativa das actividades que se celebran no municipio”.

Dende o PSdeG-PSOE de Mos conclúen “o que molesta ao PP e á alcaldesa é que se trata de colaboración regrada que os colectivos, como é este caso, poden solicitar directamente e por tanto, non é necesario pedir nin o favor, nin a intermediación ‘caciquil’ da Alcaldía”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad