Sthela Táboas 24/11/2021

Con motivo do 25N o Concello puso en marcha o programa Diana no que se levaron a cabo actividades de sensibilización

A Concellaría de Igualdade que dirixe a tenente de alcaldesa, Loli Castiñeira, está a desenvolver numerosas iniciativas que se ven intensificadas estes días por mor da celebración do Día da eliminación da violencia de xénero o vindeiro 25 de novembro.

Deste xeito, dende o Concello púxose en marcha o programa Diana, dotado con máis de 7.000 €, que permitiu levar a cabo actividades como a charla-simposio que Mª Xosé Queizán ofreceu por mor do día internacional contra a trata que se celebra o 29 de setembro, o concurso de curtas e o taller audiovisual que impartirá a directora Marta Piñeiro no IES Pedras Rubias no mes de decembro ou o concurso de fotografía con temática da violencia de xénero organizado para conmemorar o 25 de novembro.

Salceda participa tamén nas actividades que leva a cabo o GDR Condado Paradanta, como a andaina solidaria “O rural contra a violencia de xénero” que se celebrou o pasado 13 de novembro; ou a charla “As mulleres nos medios de comunicación” impartida pola xornalista de Sí Radio, Eva Míguez, no CEP Altamira o pasado 22 de novembro.

Por outra banda, a alcaldesa Verónica Tourón e a concelleira, acudiron tamén ao acto de Violencia Zero, organizado pola Deputación de Pontevedra o pasado 19 de novembro.

Para conmemorar o 25 de novembro, dende a Concellaría de Igualdade preparáronse diferentes iniciativas como son a colocación de pancartas e cartelería, a participación un ano máis na campaña “En Negro contra a violencia de xénero”, a iluminación da fachada do Concello de cor morada durante toda a semana, a difusión dun vídeo sobre a igualdade nas redes sociais do Concello ou a emisión todos os días ás 21.00 h de cancións cun especial simbolismo de loita contra a violencia. “Matriarcas”, de Guadi Galego; “Tempestades de Sal” de Sés e “Mártires” de Xoana son as cancións escollidas que soarán polo fío musical. Todos estes actos completaranse coa concentración que se celebrará na Praza do Concello o propio 25 de novembro ás 17.00 h na que se lerá un manifesto.

A concelleira de Igualdade, Loli Castiñeira, declarou que “as administracións públicas temos que seguir a facer un esforzo importante por visibilizar un grave problema como é o da violencia de xénero, no que as mulleres seguen a ser castigadas polo simple feito de ser muller. A sociedade está cada día máis concienciada coa situación, e o obxectivo ten que ser sen dúbida algunha a tolerancia cero ante este tipo de agresións. Por nós non vai quedar”. A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, subliñou que “a igualdade é transversal e debe ser unha bandeira de vida, desde as administracións temos a obriga de darlle a máxima visibilización e defender cada día os dereitos das mulleres que están a sufrir ataques constantes. Debemos ser exemplo para as futuras xeracións”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad