Mónica Romero 11/11/2021

A Agrupación de Protección Civil e o Concello de Salceda organizaron unha recollida de produtos de hixiene para os afectados da Palma

A agrupación de PC de Salceda e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal o pasado mes de outubro, para axudar na medida do posible a paliar as necesidades que están a sufrir as preto de 7000 persoas desprazadas dos seus fogares debido as consecuencias do desastre natural do volcán da Illa de Palma.

A recollida foi solicitada pola Agrupación de Protección Civil de Los LLanos de Aridane a todas as agrupacións de protección civil de España. A agrupación de PC de Salceda sumouse á solicitude poñéndose en contacto co concello para organizar o dispositivo de recollida.

Esta recollida decidiuse que fose de produtos de hixiene persoal, por ser non perecedeiros, fáciles de transportar e de uso imprescindible para as familias que están sufrindo este desastre natural.

A recollida fíxose por parte de membros de PC de Salceda ao longo da semana do 18 ao 22 de outubro, de mañá e de tarde, na Praza do Concello, onde se instalou unha carpa. A veciñanza de Salceda coma sempre respondeu coa súa solidariedade habitual, acadándose uns 500 quilos de produtos de hixiene persoal.

O Concello de Salceda non dubidou en colaborar con esta iniciativa en ningún momento, e comprometeuse a facerse cargo do envío dos produtos de hixiene recollidos. A principios desta semana enviáronse para o súa entrega á Agrupación de PC de Los LLanos de Aridane, na Illa da Palma.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda: “En Salceda non somos alleos á dolorosa situación das familias afectadas e agradecemos unha vez máis á nosa veciñanza e a Protección Civil a mostra de empatía e solidariedade que nos caracteriza.”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad