Sthela Táboas 10/11/2021

O GDR organiza o vindeiro sábado unha andaina solidaria polo río Tea que rematará cunha videochamada conxunta dos 24 GDR’s galegos

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 986 66 33 29

Un ano máis a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia contan cos Grupos de Desenvolvemento Rurais galegos para desenvolver actividades de concienciación e sensibilización sobre a loita contra a violencia de xénero.

Neste caso propoñen a celebración, o vindeiro sábado 13 de novembro, dunha andaina nos territorios dos 24 GDR’s da Comunidade, rematando todas elas á mesma hora para concluír cunha videochamada conxunta, na cal se unan os 24 territorios loitando contra esta lacra.

O GDR Condado Paradanta realizará unha andaina circular que percorrerá un tramo de aproximadamente 6 km da senda do río Tea. Partirá ás 10.30 h das pistas polideportivas do Concello de Mondariz Balneario ata a Ponte de Cernadela no Concello de Mondariz, para logo dar a volta cara o casco urbano da vila e volver pola beira do Tea ao punto de partida. Ao remate actuará un grupo de música folclórica, acompañado duns petiscos, e ás 13.00 h darase lectura a un manifesto conxunto dos 24 GDRs, conectados mediante videoconferencia.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo gdr@gdrcondadoparadanta.gal ou chamando ao número de teléfono 986 66 33 29

Complementarias a esta andaina, o GDR Condado Paradanta ten previsto organizar outras actividades con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, entre as que destacan tres parladoiros en tres centros de Educación Primaria do territorio. Neles a xornalista Eva Míguez tratará cos escolares o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación .

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad