Sthela Táboas 10/11/2021

“Apostamos por continuar coa vía que nos trouxo xa os avances de cara á licitación das obras da N-120 e o inicio da Variante”

O grupo socialista de Ponteareas aposta por “seguir traballando e utilizando tódolos recursos ao noso alcance para conseguir a execución canto antes das obras de mellora da N-120, no marco do proxecto valorado en 4 millóns de euros, elaborado polo actual Goberno de España; e seguir avanzando na tramitación de cara á execución da Variante de Ponteareas”.

Os concelleir@s ponteareáns entenden que “o ruído e a confrontación non son o camiño, senón o da colaboración institucional cun Goberno, presidido por Pedro Sánchez, que propiciou nestes dous últimos anos moitos máis avances, que durante os 8 anos do Goberno de Mariano Rajoy”. Como dixo onte o secretario xeral provincial, David Regades “Rajoy só deixou carpetas baleiras e partidas orzamentarias de aire, pois non había proxectos técnicos que licitar e nin sequera expedientes iniciados”.

Dende o grupo socialista de Ponteareas “Respectamos as opinións dos outros grupos políticos e, especialmente, ás dos colectivos veciñais que opten pola mobilización social, pero apostamos por continuar coa vía que nos trouxo xa os últimos avances de cara á licitación das obras da N-120, que hoxe están máis cerca que nunca, e no camiño que falta para converter en realidade o ansiado proxecto da Variante”.

Os socialistas subliñan “xa o conseguimos coa depuradora, que supuxo unha clara aposta deste Goberno progresista por Ponteareas, e o mesmo queremos facer con estas infraestruturas viarias. Seremos esixentes, persistentes e contundentes na defensa dos intereses de Ponteareas onde toca, que é na xestión diaria tanto diante da Administración Xeral do Estado como diante dos distintos representantes do noso partido; e moi especialmente, diante do grupo de deputad@s socialistas galeg@s no Congreso dos Deputados. Ata agora atopamos a máxima colaboración e receptividade e por esa vía continuaremos”.

É preciso lembrar que a atención prestada pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra ao Concello de Ponteareas “foi sempre dilixente” e así se manifestou no último escrito remitido á Alcaldesa ante as inquedanzas das obras pendentes: “ Xa transmitín por escrito a través do meu gabinete o compromiso desta Subdelegación e do Goberno de Pedro Sánchez con Ponteareas indicando que as obras da mellora da seguridade viaria na N-120 e a variante de Ponteareas seguen a tramitación administrativa establecida e contan con partida económica para poder desenvolverse”, afirma M. Carmen Larriba, Subdelegada do Goberno”.

O grupo socialista seguirá “traballando na mesma liña e contribuirá, con todas as súas forzas, para que a axenda de asuntos pendentes que non acometeu PP, que tras 8 anos deixou promesas incumpridas e frustración, sexa pronto un mal recordo. E farao con lealdade institucional, sempre sumando e sempre da man da veciñanza do noso concello”.

Ao mesmo tempo, “anunciamos que ese mesmo nivel de esixencia que poñemos ao Goberno de España manterémolo para a  Xunta de Galicia, que leva prometendo dende 2017 as obras de mellora da seguridade viaria na PO-403, sen que se teña producido dende entón ningún avance salientable”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad