Sthela Táboas 10/11/2021

O Concello de Salceda presenta este certame no que os consumidores poderán votar de 0-5 o pincho ou tapa degustado, con prezos estipulados de 1 € e 3 €, respectivamente

Os participantes poderán acadar premios que suman un total de 900 € nesta iniciativa que se desenrolará entre o 19 e o 28 de novembro

O Concello de Salceda de Caselas presentou o seu 1º concurso de pinchos e tapas #ConSalceda. Na presentación a concelleira de comercio e alcaldesa Verónica Tourón estivo acompañada por Acisa, xa que a asociación colabora nesta iniciativa do concello, representada pola súa presidenta Elisa Rodríguez Vaqueiro e polo representante da hostalería Marcos Salgueiro Montenegro. Ao acto tamén acudiu a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira.

Este 1º concurso de pinchos e tapas celebrarase en Salceda do venres 19 ao domingo 28 de novembro, e nel establécense dúas categorías: pincho e tapa, na categoría de pincho participan:  Tabertenda, Cafetería Altamira, A Parra e Lajala; e na categoría de tapa participan: O Recuncho, La Marujita, Tapería Ozores, El Palenque, A Parra, Calustra e A Regueira Gastro.

O prezos  fixados serán de 3 € a tapa e 1 € o pincho, o horario será libre para cada local pero marcado previamente, e ademais os locais poderán servir a súa tapa ou pincho tódolos días ou os que escollan segundo as súas necesidades. En cada local atoparase unha urna, para que todas as persoas que queiran degustar os pinchos e tapas, voten de 0 a 5 no momento do consumo. Toda está información estará exposta nos locais comerciais e nas redes sociais nos próximos días.

Cada categoría ten dous premios, primeiro e segundo, que resultará nunha placa de recoñecemento da posición conseguida para os locais participantes. Pero non só haberá recoñecemento para os hostaleiros gañadores, senón que as persoas que degusten as tapas e pinchos tamén poderán acadar premios, en total 900 € a repartir por parte do Concello, dos locais participantes e de Acisa, que colabora con vales de compra para gastar nos establecementos da asociación por valor de 500 € en total. Ademais todas as persoas participantes que completen  a ruta de pinchos e tapas, selando o cartón de participación que haberá nos locais, terán un agasallo directo doado polo establecementos que participan no concurso.

Con esta medida preténdese seguir dinamizando o comercio e a hostalería de Salceda, ademais de axudar a volta a normalidade trala época de pandemia que estamos a padecer, na que o comercio e a hostalería sufriron restricións que non lles permitiron desenvolver a súa actividade de xeito normal, con limitacións en horarios e aforos, ademais de peches. Un dos maiores esforzos da pandemia recaeu nestes sectores, polo que voltar  a socializar e desfrutar dos comercios e locais de hostalería de Salceda é unha boa maneira de axudar.

Por outra banda, con esta iniciativa o Concello segue a poñer de relevo o hadstag #ConSalceda, coa finalidade de convertela nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería e á praza de abastos. Unha simboloxía comercial que identifique Salceda a través de valores implícitos, valores como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”. A alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón, engadíu “continuaremos a por en marcha iniciativas que activen a economía de Salceda e seguiremos a apoiar ás que partan da hostalería, comercio e industria, porque axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad