Sthela Táboas 09/11/2021

Os barrios de A Laxe, Gándara e San Cosme serán os beneficiarios destas actuacións que implicarán a ampliación da calzada, entre outras optimizacións

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que o Concello atópasetraballando en 3 importantes proxectos de ampliación de calzada para solventar problemáticas de tráfico e mellorar a mobilidadepeonilen viais das parroquias de Petelos, Mos e Cela.

Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, explicaron a este respecto que “os técnicos atópansetraballando na elaboración dos proxectos que mellorarán a seguridade viaria e a mobilidade, tanto rodada como a pé, en A Laxe, parroquia de Petelos; a zona dos Penedosou da Gándara na parroquia de Mos e San Cosme en Cela. Proxectos que se atopan prácticamente finalizados e que serán acometidos de cara aovindeiroano 2022”.

A mellora da seguridade viaria no Camiño da Laxe, parroquia de Petelos, abarcará un tramo de 38 metros de lonxitude, incluíndo actuacións previas con limpeza e desbroce dos bordes do vial entre outras, execución de firmes e pavimentos, execución dun muro de contención de terras (muro de gravidade de pedra); e instalación de sinalización, balizamento e defensas. O muro de contención terá unha altura de 6 metros de media e unha lonxitude de 31’55 m.

Proxéctase a ampliacion da seccion do vial (4 m dende o eixo do vial). Polo tanto levarase a cabo un sobreancho da calzada. Debido á perigosidade do tramo, con un ancho menor de 4 metros para o cruce de vehículos e a existencia dunha curva pechada, con moi pouca visibilidade, proponse a ampliación da plataforma para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehiculos con maior seguridade.

Ademais deséñase unha pequena zona de esparcemento no espazo que queda libre entre o sobreancho do vial e a coroación do muro.

Coa ampliación do ancho do vial e cos novos condicionantes de mellora da seguridade vial, cómpre rediseñar a sinalización horizontal e vertical. Algunhas destas sinais adaptaranse ás novas condicións de circulación (como a reducción da velocidade). Proxéctanse así mesmo elementos como unha barandilla de aceiro galvanizado, e reductores de velocidade tipo “lomo de asno”, para aumentar a seguridade, no sentido descendente do vial. Colocaranse sinais verticais (velocidade maxima de 30 km/h, sinalización de resaltos, etc).

Estímase un prazo aproximado para execución das obras de 3 meses desde o seu inicio.

O proxecto de mellora da seguridade viaria do Camiño da Cachada, entre o Camiño das Minadas e o Camiño de Gándara, trátase dunha actuación de ampliación de sección viaria cunha lonxitude de 489 m, axustándose ás aliñacións que define o PXOM, cun ancho de 8 m. Isto permitirá mellorar a seguridade de circulación de persoas e vehículos, para o que será necesario executar: escavacións e novos noiros ou muros de contención, repoñer a rede de drenaxe, deseñar os firmes e pavimentos e mellorar a iluminación. Doutra banda, será necesario dispoñer dos terreos polos que se proxecta a actuación.

E por último, o terceiro proxecto que inclúe as obras de mobilidade peonil e de seguridade viaria no Camiño de San Cosme e Camiño da Quinta, Cela; trátase dunha actuación duns 860 m de lonxitude que mellorará o funcionamento dun vial cunha intensidade importante en horas puntuais (acceso acolexio). Para iso, prevese unha reordenación do tráfico, que será de único sentido. Ademais, ampliarase a sección viaria ata as aliñacións que marca o PXOM, deixando un ancho libre de 8 m. Isto permitirá xerar novas sendas peonís, de polo menos 2.50 m de ancho, e a previsión de aparcamentos, onde se dispoña de espazo dispoñible. Entre outras actuacións será necesario executar: escavacións e novos noiros ou muros de contención, repoñer a rede de drenaxe, deseñar os firmes e pavimentos e mellorar a iluminación. Será necesario dispoñer dos terreos polos que se proxecta a actuación. Os tres proxectos atópanse incluídos no capítulo de inversións do orzamento municipal para 2022 no que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o seu equipo de goberno se atopan traballando e que está xa en proceso de ser ultimado para aprobación en Pleno no presente mes de novembro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad