Mónica Romero 29/10/2021

Haberá obradoiros, demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina, caverna do terror…

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento previsto inicialmente no Paseo da Corredoira trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas.

Amais de exposición e venda de cabazas haberá un amplo programa de actividades con demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.

Cómpre lembrar que a Feira da Cabaza desenvolveuse dende comezos deste mes de outubro nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns.

A inauguración da feira terá lugar mañá sábado, ás 11 h, no pavillón do IES San Paio.

Mañá terán lugar os dous primeiros showcookings dentro da iniciativa Eurochef de Eurural a cargo dos chef Iván Méndez (ás 12 h) e Alejandro Iglesias (ás 18h). O domingo será a quenda de Miguel Rodríguez e Javier Freijeiro (ás 12 h) e do resposteiro Óscar Romero (ás 18 h).

A música estará presente mañá sábado ás 20 h co concerto a cargo do grupo Micalip’s, o domingo ás 13.30 h da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui e ás 20 h do Grupo NoAllKansas.

O domingo ás 10 h sairá do mesmo pavillón San Paio a vista guiada por AndaTui para coñecer ás pozas e regadíos vinculados ao cultivo da cabaza. Pola tarde, ás 17 h, celebraranse talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores. Amais tanto o sábado coma o domingo, de 19 a 1h, o Cárcere Vello transformarase en “A caverna do terror”, cun espectáculo ambientando con efectos especiais, iluminación, son, ….e cheo de sorpresas para o público a partir de 8 anos. É recomendable inscrición previa no 608 50 13 91.

Amais durante a fin de semana boa parte dos locais de hostalería de Tui incoporarán nos seus menús receitas coa cabaza coma protagonista.

O Concello de Tui conta coa colaboración, para a organización desta actividade, da Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, da Comunidade de Montes de Baldráns, da Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, da Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, do Pancho Cultural de Randufe, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns e do Club deportivo Andatui.

I Feira da Cabaza.

  • Pavillón do IES San Paio
  • Sábado 30 e domingo 31
  • Exposición e venda de cabazas
  • Sábado 30 de outubro
  • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
  • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
  • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas. SUSPENDIDA
  • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
  • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
  • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S.
  • Domingo 31 de outubro
    • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Pavillón do IES San Paio
    • Ás 10.00 h apertura da feira.
    • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes
    • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
    • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
    • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
    • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas.
    • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad