Sthela Táboas 29/10/2021

Formaranse en albanelería e atención sociosanitaria, mellorando os alumn@s traballadores da primeira especialidade o Paseo do Louro e muíños municipais

O Concello de Mos comezou esta mañá un novo Obradoiro de Emprego que leva por nome “SomosMos” tras a clausura hai un par de semanas doutros dous obradoiros, o “Mos Peregrino” e “Mocidade no Camiño”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, déronlle a benvida na Axencia de Colocación de Mos tanto ao equipo directivo e docente como aos alumn@s traballadores do “SOMOSMOS”.

A mediados do pasado mes de setembro a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedíalle unha axuda de 376.946 € ao Concello de Mos para a posta en marcha do  Obradoiro dual de Emprego “SomosMos”, que permitirá que 20 mosenses poidan formarse durante 9 meses nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería.

A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro, que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros. Actuarase tamén no Muíño do Cubo, onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle -realizadas en mampostería de pedra do país-, así como obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño. A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica, senón que os alumnos poderán poñer en prácticas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. É necesario realizar unha substitución xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación e ao crecemento da esperanza de vida.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad